As Ligas Xuvenil, Cadete e Infantil xa teñen calendarios
- 8 clubs presentan equipos nas 3 categorías.
- 3 Concellos colaboran asumindo as Escolas Deportivas ata cadetes.
- Todas as ligas en www.futboldacosta.com.

Xa temos os calendarios das Ligas de Fútbol Base da Costa. Tralas baixas de última hora de varios equipos (Camariñas en xuvenís e Cabana e Corme en cadetes), a RFGF xa ten o plan competicional en marcha cunhas fermosas ligas unificadas, que darán conta de bos derbis en todas as categorías.
Arrinca primeiro, o 17 de setembro, a liga Infantil (que ten 18 equipos) e a Xuvenil (con 15) e faino a tope con tres dobles xornadas semanais polas pontes de outubro, novembro e decembro. Os Cadetes (con 13 equipos) comezan o 25 deste mes.
Xuvenís e Cadetes rematarán a liga regular a primeira fin de semana de abril, pero a longa liga infantil durará ata finais dese mes.
Só o primeiro de cada categoría se meterá no playoff de ascenso á Liga Galega.
8 clubs nas 3 categorías
Cómpre poñer en valor as axudas dos Concellos coas Escolas de Carnota, Camariñas ou Vimianzo.
Ademais, valorar os 8 clins que sacan equipo nas 3 categorías:
- CF Dumbría (cos xuvenís e cadetes en liga Galega).
- ED Os Miúdos.
- SD Fisterra.
- UD Cerqueda.
- SD Ponteceso.
- Outes FC.
- SD Sofán.
- UC Cee.