Mazaricos e Muxía xogaranse a praza de ascenso á 1ª Galicia
Domingo de fase na Costa. Despois da xornada partida de Copa, Mazaricos e Muxía métense na final da promoción de ascenso tras estas vividas semis. Se ben na Grixa semellaba que o Mazaricos tiña o billete medio sacado (o Porteño ten a cabeza na Copa), en Arliña, o Muxía, despois de quedar eliminado para a final da Copa, busca o ansiado ascenso, tras varias temporadas no fío.
Porteño - Mazaricos (3-4)
- Porteño: Sergio, Darío, Pejo (Mayor), Pablo, Rodrigo, Manoliño, Saviola, Joseba, Ángel, Alan e Miguel.
- Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, Fran Pose, Luis Mayán, David, Ricardo, Rachón, Marcos, Sandelo e Molinos. Tamén: Sanchiño, José Ángel, Iago, Kevin e Pereiro.
- Goles: 0-1, m.7: Alan; 1-1, m.36: Rachón; 1-2, m.40: Molinos; 2-2, m.55: Alan; 2-3, m.56: Pereiro; 3-3, m.67: Ángel; 3-4, m.75; Raúl de penalti.
Partido estrano o vivido na Grixa. Propuñan os locais un partido con ritmo baixo, despois do histórico partido da Copa do venres (e da celebración…). Pero a realidade é que o Porteño, equipo recén ascendido, ten a cabeza na Copa. Así e todo, o equipo de Cousillas e Javi Baña na Grixa compite case sen querer, e moi pronto se metía por diante cun tanto de Alan. Reaccionaron e remontaron antes do descanso os amarelos, que cando lle imprimían un pouco de ritmo superaban con facilidade as liñas.
No segundo tempo empatou Alan nunha indecisión, e a pesar do ritmo baixo ao que se contaxiaba o Mazaricos, chegaba un intercambio de golpes que se pechaban no 75 cun penati que non fallaba Raúl.
Aí, co 3-4, e co Mazaricos sentíndose cómodo e finalista, case que os dous equipos firmaron o resultado.
Muxía - Outes (2-1)
- Muxía: Víctor, Anxo, Michael, Manuel, David, Hugo, Kevin, Julián, Mauro, Iago Muíño, Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Gusa, Fran Moreira, Víctor Alcaina, e Isma Márquez.
- Outes: Dani, Estefan, (Ramiro), Martín, Adrián (Claudino), Jura, Babu, Iván (Hugo), Veleiro (Yago Dosil), Pablo, Keko e Ryan.
- Goles: 0-1, m.22: Keko; 1-1, m.58: Manu Nogueira; 2-1, m.79: Manu Nogueira.
Unha metade para cada un, e o pase para o Muxía. O cadro de Nando e Fran Toba saía cansado, acusando o partido do venres. O Outes estaba máis seguro na primeira, coas ideas máis claras, tratando de presionar a saída de balón do Muxía o que propiciou que fosen capaces de roubar balón con certa asiudade e chegando a zonas de perigo. Froito deste bo traballo chegou o premio cun bo gol de Keko. O gol non amilanou ao Muxía, que tentou de aproximarse á área rival pero sen crear verdadeiro perigo no tramo final da primeira parte.
Esperaba para lanzar extremos na segunda o cadro muxián, e funcionaron. Os cambios cambiaron a cara do cadro local, que xa saía con máis facilidade de atrás, e pronto recurtaban por medio de Manu Nogueira. O Outes non era quen de ter o balón e o Muxía era dono do partido. Pero o Outes foise metendo de novo no partido, mesmo tendo opcións de adiantarse, conscientes de que ademais o empate levaría a eliminatoria aos penaltis tralo 1-1 da ida. Pero o que estivo acertado foi Manu Nogueira de novo, que cazou un balón tras unha indecisión da defensa da Serra e asinou o gol da vitoria.
Xa co partido en clave de ida e volta, o Muxía puido sentenciar pero tamén o empate sobrevoou a meta local.
Máis novas