Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Porteño fai historia e métese na súa segunda final da Copa da Costa

Semifinal da Copa da Costa na Grixa-foto-Parker
Ambientazo para a semifinal da Copa da Costa na Grixa-foto-Parker
O Porteño fai historia e métese na súa segunda final da Copa da Costa

Incrible o que está facendo este Porteño. No seu primeiro ano tralo ascenso da 3ª, o equipo de Cousillas e Javi Baña está na fase de ascenso á 1ª Galicia e vén de meterse na final da Copa da Costa 2024. Despois de superar ao gran favorito e actual campión, todo un Sofán de Preferente, en Cuartos, esta pasada noite de venres eliminaba a todo un Muxía, un club que leva anos ao máximo nivel na nosa Liga da Costa, e que de feito aínda ten claras opcións de ascender de categoría se supera o domingo ao Outes, e despois consegue superar a última eliminatoria, demostrando o temporadón que tamén están a facer os de Nando e Fran Toba.

Máis incrible supón a vitoria onte 4-2 do Porteño se pensamos que o Muxía se colocaba 0-2 nos primeiros 20 minutos. Nunca deixaron de crer os da Ponte, aupados por unha Grixa abarrotada, a pesar de ter que xogar un partido históricu coma este un venres pola noite, ao que non puideron acodir moitos afeccionados que viven fóra.

Con todo, o club da Ponte do Porto métese na súa segunda final da historia da Copa da Costa. A primeira gañárona ao Carnota na 72/73… Xa choveu.

Porteño - Muxía (4-2)

  • Porteño: Mariolo, Darío, Pejo, Brais, Rodri, Mayor (Vicente), Joseba, Pablo (Nico), Saviola (Manoliño) Alan e Chipi.
  • Muxía: Víctor, Mauro, Michael, Anxo, Gusa, Kevin, Víctor Alcaina, Julián, Isma Márquez, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Manu, Hugo, Xan Nogueira, Iago e Mateo.
  • Goles: 0-1, m.10: Michael; 0-2, m.20: Fran Moreira; 1-2, m.44: Alan de falta; 2-2, m.60: Pablo nun córner; 3-2, m.66: Nico dende fóra da área; 4-2, m.90: Miguel nunha contra.
Semifinal da Copa da Costa na Grixa-foto-Parker
Centos de persoas achegáronse á Grixa un venres ás 21:00h- Foto-Parker

Partidazo fermoso, auténtica de Copa da Costa, o disputado este venres noite na Grixa. Co 2-2 da ida en Arliña a cousa estaba totalmente aberta. O Muxía saía moi firme, facendo dano a balón parado, e meténdose 0-2 nos primeiros 20 minutos. O Porteño tardaba en reaccionar, pero no último do primeiro tempo Alan recurtaba de falta directa.

Os locais confiaron en todo momento na remontada e cambiaron o curso do partido facendo un segundo tempo espectacular, raseando, dominando, e chegando á área contraria. Ao cuarto de hora a súa superioridade traduciuse en dous tantos consecutivos de Pablo e Nico. O Muxía tentou reaccionar, pero o Porteño estaba moi serio, e xa contra o final, co Muxía envorcado, Miguel sentenciaba nunha contra.

Este domingo máis

Como podedes ver en www.copadacosta.com, este domingo temos a outra semifinal, ás 17:15h, no Conco, entre Dumbría e Ponteceso (1-2 na ida para o Dumbría).

Pero hai moito máis. Yemos a volta das semis da Fase de Ascenso á 1ª Galicia, cun Muxía-Outes ás 16:30h e un Porteño-Mazaricos ás 18:00h de novo na Grixa.

Tamén se disputará a Promoción de ascenso á 2ª, coa ida das dúas finais, tanto en Lira co Llira-Sofán B, e no Carral entre Oza e Soneira. Ambas eliminatorias, ás 17:00h.

Pola súa parte, tamén haberá as semis, a partido único, da IV Copa da Costa FEM, cos dous favoritos xogando na casa. ODumbría recibe no Conco ás 19:30h ao Camariñas, e o Xallas recibe en Fontenla ás 17:00h ao Corme.

Antes de todo, pola mañá, a gran final da Copa da Costa de Veteranos. Ás 11:00h, en San Andrés, Zas, Dumbría-San Ramón.

Máis info

Todo os cadros en www.copadacosta.com

 

Comentarios