Sábado. 27.07.2024
El tiempo

2ª Galicia: Baíñas e Volantes descenden a 3ª

  • Definidos os choques da promoción de ascenso á 1ª Galicia: Outes-Muxía e Mazaricos-Porteño. 
  • A coincidencia coas Semis da Copa da Costa pode provocar que estas se teñan que disputar entre semana.
Michael Vilela dandolle un ramo a Borja fillo de Alejandro_Foto-Marina Busto
Michael Vilela dándolle un ramo de flores a Borja, fillo de Alejandro, na homenaxe que lle quixo brindar o Muxía en Arliña á lenda cormelá . Foto-Marina Busto
2ª Galicia: Baíñas e Volantes descenden a 3ª

Non valía para nada xa o choque entre Baíñas e Volantes celebrado na tarde dominical no Municipal de Vimianzo. A derrota matutina do CD Baio ante o Tordoia, provocaba o seu descenso á Liga da Costa e un arrastre de 2ª a 3ª. Así, malia que o empate lle valía aos laranxas para quedar por diante do Baíñas e evitar o posto de descenso directo, non lle serve para evitar o descenso de categoría, ao haber este ano 2 ascensos a través da promoción da Liga da Costa.

Unha promoción de ascenso á 1ª que xa ten enfrontamentos. Outes (5º) - Muxía (2º) e Mazaricos (4º)-Porteño (3º) disputatarán unha eliminatoria a doble partido, ca ida no campo do equipo peor clasificado, e os dous vencedores disputarán outra eliminatoria a doble partido para buscar un único posto de ascenso á 1ª Galicia.

Especial atención teremos que poñer nas datas de celebración dos partidos, unha vez que Muxía e Porteño, disputaranse unha das semifinais da Copa da Costa, sendo a outra entre Ponteceso e Dumbría.
De feito, a coincidencia entre datas pode provocar que as semis se teñan que celebrar entre semana, nunha nova devaluación da nosa competición fetiche. Así, Muxía e Porteño propoñen enfrontarse os venres 17 e 24, para ter dous días de descanso antes dos partidos do playoff, pero a proposta terá que ser aceptada pola Federación.

Baíñas - Volantes (2-2)

  • Baíñas: Joel, Raúl, Maikol, Aníbal, Fabián, Arias, Héctor, Adrián Canosa, Ruli, Cristian Canosa e Adrián Canosa. Tamén: Maikel, Esteban, Santi, Kevin e Marcos.
  • Volantes: Alex de Yi, Kevin Rajoy, Oladipo, Ayuba, Teijo, Manu, Barreiro, Pesco, Javi, Raúl e Manu de Yi. Tamén: Cerbán, Abeijón, Kevin Waldomar e Benja.
  • Goles: 0-1, m.40: Raúl de cabeza ; 0-2, m.43: Pesco; 1-2, m.51: Ruli; 2-2, m.95: Maikol.

Cumplían o obxectivo que quedar fóra do descenso directo os de Gus, co empate colleitado en Vimianzo, pero de pouco lles vai valer. O choque comezaba cun Baíñas moi nervioso, e un Volantes máis incisivo, buscando máis a pelota, tendo moi boas ocasións, e adiantándose ao fío do descanso cos tantos de Raúl e Pesco. Tivo que aparecer Joel para salvar un par de ocasións laranxas máis antes do descanso, en plena páxara local.

Cambiou o conto na segunda. Saíron decididos a darlle a volta os de Sanchiño, e moi pronto recurtaban por medio de Ruly. Foron 50 minutos de asedio, que o Volantes aguantaba como podía, con moitas ocasións, ata que no desconto, na última xogada do partido, Maikol anotaba o gol dun empate que de nada lle vale tampouco ao cadro vimiancés.

Muros - Outes (2-2)

  • Muros: Víctor, Juan Rey, Javi Pelos, Flavio, FGesto, Quin, Alon, Tajes, Alex, Fran e Pardelo. Tamén: Vara, Dubert, Samuel, e Joaquín.
  • Outes: Ryan Pereira (Dani), Claudino (Veleiro), Adrián, Martín, Estefan, Babu, Ramiro, Mangelo (Iván), Abraham (Ryan), Keko e Óscar (Pablo).
  • Goles: 0-1, m.19: Abraham; 1-1, m.67: Juan Rey; 2-1, m.78: Gesto; 2-2, m.82: Keko.

Partido sen tensión, con obxectivos de sobra cumplidos por ambos equipos e con reparto de minutos para xogadores que foron importantes no traballo semanal ao longo da tempada. Empezou o choque co Muros máis en terreo rival, buscando diagonais ante un Outes que buscaba contras principalmente a través de Keko pola banda dereita. O primeiro tanto da tarde chegou tras rematar Abraham un rexeite tras un envío de Óscar ao longueiro. A mellor ocasión do Muros chegou tamén nunha contra, que Ryan Pereira (porteiro xuvenil) fai unha boa intervención para evitar o gol muradán.

Subeu un pouco o ritmo o Muros no arranque da segundo período, e tivo premio aproveitando un erro na saída de Dani. Co empate o partido entrou nunha fase de dominio alterno, na que o Muros volveu a sacar rendemento co seu segundo gol. O orgullo propio por non perder, fixo que o Outes subise liñas e tras unha boa xogada entre Veleiro e Keko este último acada o empate.

Castriz - Porteño (6-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Adrián García, Saúl, Piñeiro, Jairo, Iván Facal, Marcos Mouro, Pastoriza, Noli. Tamén: David, Samuel, Alberto Mata, Álvaro e Martín.
  • Porteño: Sergio, Vicente (Mayor), Pejo, Brais, Rodri, Pablo, Saviola, Alan, Manoliño, Jairo e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.4: Pablo nun córner; 1-1, m.27: Noli; 2-1, m.31: Adrián García; 3-1, m.45: Noli; 4-1, m.50: en propia; 5-1, m.71: Alberto Mata; 6-1, m.90: Adrián García.
Porteno facendo o pasillo ao Castriz
O Porteño fíxolle o pasillo ao Castriz como campión de Liga

Con moitas baixas e a cabeza na Copa, o Porteño non disputou o choque en San Pedro, ante un Castriz moi superior. E iso que se adiantaron os de Cousillas e Javi Baña nun corner aos 5 minutos, pero non gañaron un só duelo en todo o partido, e o líder e campión mallou nel.

O Castriz segue sen baixarse do autoús do campionato, e segue aumentando os números para finiquitar uns números históricos no club e na Liga da Costa.

Así e todo, tremenda a temporada deste Porteño que remata na mellor posición da súa historia.

Muxía - Corme (4-0)

  • Muxía: Domingo, Peski, Baamil, Anxo, Michael, Víctor Alcaina, Hugo, Mauro, Javi Vilela, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Víctor, Gusa, Xan Nogueira, David e Manu.
  • Corme: Quique, Brais Pailos, Xoel, Teo, Mauro, Senén, Borja Seoane, Borja Torrado, Miguel e Isra. Tamén: Adrián, Fiz e Noel.
  • Goles: 1-0, m.15: Michael; 2-0, m.18: Fran Moreira; 3-0, m.24: Hugo Haz; 4-0, m.62: Manu Nogueira.
Muxia-Corme en Arlina-Foto-Marina Busto
Foto-Marina Busto

Arrincaba o choque cunha fermosa do club muxián a Alejandro, facéndolle entrega o capi Michael dun ramo de flores ao seu fillo Borja, gardando ademais un sentido minuto de silencio pola lenda cormelá.

O choque comezou co Corme ben plantado, presionando ben, pero o Muxía foi levando o partido ao seu ritmo, e comezaron a facer dano. Abriron a fenda nun córner e pouco despois nunha boa xogada Fran Moreira abría distancia. A segunda fíxose longa.

Muxia-Corme en Arlina da Liga da Costa.Foto-Marina Busto
Foto-Marina Busto

Camariñas - Camelle (5-1)

  • Goles: 0-1, m.9: Sergio pola escuadra; 1-1, m.20: Djibril; 2-1, m.40: Manuel a centro de Víctor; 3-1, m.49: David; 4-1, m.51: Djibril; 5-1, m.75: Mario.

Moi ambiente na bancada do Vicente Carril para ver este derbi co que se pechaba a Liga da Costa. O cadro local foi superior a pesar de que eran os de Sergio os que se adiantaban cun golazo de Sergio. Pero pouco a pouco os locais foron dominando e demostrando a súa superioridade ante o pechacancelas da categoría.

Ponteceso - Mazaricos (1-1)

  • Ponteceso: Samuel, Eloy Trigo, Juan Rey, Pedro, Luca, Raúl, David Castro, Javi Souto, Alberto Recarey, Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Álvaro, Ures, Cotelo e Mendieta.
  • Mazaricos: Iván Baña, Sanchiño, Borja Sueiro, Carreira, Raúl Castelo, Ricardo, Pereiro, David, Iago Estalote, Luís Mayán e Sandelo. Tamén: Marcos, Xoel, Darío, Molinos e Fabio.
  • Goles: 0-1, m.59: Molinos; 1-1, m.89: Neira.

Con todo practicamente decidido o Ponteceso desenvolveuse no Pinguel este choque entre dous equipos da zona alta que completaron unha fantástica temporada. Así e todo foi un choque no que os amarelos, a pesar das baixas, levaron o peso do partido pero sen demasiado ritmo. Poucas oportunidades de parte a parte na que as mellores foron os pés do equipo visitante.

A volta de este adiantariase o Mazaricos cun gol de Molinos. Os adestradores moveron os banquillos uns buscando reaccionar o marcador adverso e outros dándolle chance aos rapaces da canteira (debutaron 3 cadetes nos de Marcos). Así o Ponteceso pareciu dar un paso adiante na búsqueda do empate que pudo chegar nun penalti que Eloy Trigo executou dirección Tella propiamente. Xa case no tempo cumprido Neira poría o 1-1 no marcador e mesmo os locais poideron ganhar o encontro con un gran disparo de Luca que o longueiro chuspiu para para atrás.
Reparto de puntos que deixou contento os dous equipos na espera de compromisos futuros. O Ponteceso das semifinais da Copa e o Mazaricos tamén nas semifinais da fase de ascenso.

Outros resultados

Polo demais, noutros partidos xa sen nada en xogo, o Cabana superaba ao Coristanco con dous goles de Gabriel Christian Castro (2), e Ferreiro.

UD Monte Louro
UD Monte Louro en Agra da Filgueira

Ademais, o Monte Louro vencía ao Cee polo mesmo resultado e deixa aos ceenses por debaixo na táboa. Óscar Fari, Miguel Verán (2) e Javi Caamaño poñían distancia no marcador, e Bruno e Eze, a espectacular parella fisterrá do Cee, recurtaban na segunda.

UC Cee en Agra da Filgueira
Plantel do UC Cee en Agra da Filgueira

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

Comentarios