Menos dun mes para a reapertura do novo “Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo”

Vista aérea do renovado campo municipal Irmandiño de Vimianzo

Se todo vai ben, a segunda quincena de outubro xa está listo o novo tapete do “Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo”. Porque así é como se vai denominar, previa aprobación no seguinte pleno, o campo vimiancés.

Así o decidiu o goberno municipal tras unha enquisa, na que saíu o nome Irmandiño moi por riba do de Miguel Filgueiras, xa unha lenda viva do deporte soneirán, pero aínda con moita carreira e historia por percorrer.

O campo está actualmente en proceso de renovación do céspede artificial, xa na última fase, polo que se todo vai ben, poderase estrear na segunda quincena de outubro xa co novo e combativo nome.

Máis novas