Os Miúdos e Xallas serán os finalistas da Copa da Costa Infantil
15 de xuño de 2019 (16:41 h.)
Saltou a sorpresa no Eleuterio Balayo e Os Miúdos puideron con todo un campión da Liga como o U.C. Cee e se colaron na final. Tivo que ser a penaltis, despois do 1 a 1 da ida e da volta.
En fronte terán ao Xallas. O conxunto xalleiro, que quedou 3º en Liga, vén de arrasar co Fisterra vencendo na ida en Ara Solis e goleando na volta en Fontenla.
A gran final será o sábado 22, ás 11:30 no renovado Campo de San Andrés, en Zas.
Máis información
Todas as Novas da Copa da Costa
- San Román e San Lorenzo, flamantes finalistas da XVI Copa da Costa de Veteranos.
- A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete, e igualdade máxima nas semis.
- A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas.