Martes. 18.06.2019
El tiempo

A Xornada: A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete, e igualdade máxima nas semis

A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete
A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete
A Xornada: A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete, e igualdade máxima nas semis

Fin de semana con sabor copeiro. Un título e unhas semis autenticamente vibrantes e igualadas, tanto en sénior como en Veteranos como no fútbol base.

E todo mentres o Volantes se exhibe no fútbol galego, gañando, xa co ascenso asegurado, en Cacheiras por 0-5.

Esteirana, campión cadete

Xusto vencedor da final oda Copa da Costa Cadete o cadro da Esteirana, que recibía na casa ao Outes. O cadro blaugrana saía moito máis metido no partido aproveitando o ambientazo xerado no Esteirana moito mais metida no partido cun ambiente impresionante. A primeira parte foi máis igualada e na segunda, mellor a Esteirana. Co 2-0 un posible penalti a favor do Outes non pitado, que puido ter metido no partido ao cadro da Serra, pero o marcador non se movería.

Semis igualadas

Emoción máxima nas semifinais da #CopadaCosta, con dous empates que deixan todo pendente da volta. Nas Redondas, o Cabana foi gañando pola mínima practicamente dende o comezo, pero nos últimos minutos o Camariñas conseguía empatar, con dous penaltis seguidos sinalados na área local. O primeiro parábao Darío; o segundo era o porteiro camariñán Pablo Novo o que non perdoaba.

Mentres, en Esteiro, o cadro local dominou territorialmente pero foi Alejo o que tivo as dúas mellores ocasións para desfacer a igualada. Ao final, 0-0 e todo pendente do que aconteza no Cairo.

Semis de base

En Xuvenís, Outes e Corme meten un pé na final da #CopadaCosta, tras vencer 3-1 e 5-1 a Soneira e Sofán.

Mentres, en Infantís, Os Miúdos e Cee empataron mentres o Xallas sacou un gran 2-4 en Ara Solis ante o Fisterra.

Veteranos

Foi o San Román protagonista dos Veteranos, pois a pesar de saír eliminado da Copa Galega o sábado, foi quen de remontar un 0-2 ante o Porteño, endosando un 1-5 na Grixa ao cadro camariñán meténdose na finalísima.

En fronte terá ao San Lorenzo, que volveu vencer pola mínima ao Ponteceso.

Máis información

Comentarios