O Outes vive unha fin de de ensoño quedando campión das Ligas Xuvenil, Cadete e Infantil

Aarón Insua, xogador do equipo cadete do Outes
  • Dumbría e Vimianzo gañaron as semifinais na Fase Alevín e xogarán a final

Acollía o novo campo de Fontenla as finais das ligas comarcais Xuvenil, Cadete e Infantil. Gran ambiente o vivido en Fontenla, cunha gran protagonista, a familia do Outes. Xa era impresionante meter 3 equipos en cada final, pero gañalas déixaos absolutamente “nunha nube”, como nos recoñecía o seu secretario Carlos Romero. “Teremos que deixar pasar uns días para poder disfrutalo e logo volver ó traballo, a ver si o podemos redondear con algún ascenso”, sinala Carlos pensando xa nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas, cuio sorteo se celebrará mañá en Santiago.


Lance da final xuvenil entre Outes e Sofán en Fontenla

En Xuvenís, o Outes enfrontábase ao Sofán, e o cadro da Serra vencía por 3-1, cos tantos de Roberto Solís, Ryan dos Santos e Manuel Teijo.

En Cadetes e Infantís había dous duelos xa son historia do Fútbol Base costeiro. Outes e Cee medían forzas despois de varias xeracións enfrontándose en final tras final. En cadetes vencían os branquinegros por 3-1 (cos tantos de Nicolás Gerpe, Aarón Insua e Sergio Campos), mentres que en infantís necesitaban dos penaltis, tras empatar a 3 goles (marcaron para os á postre campións, José Lago, Eloi Lado e Sergio Campos) para alzarse co título e pasar de fase. Eloi Lado foi o autor do penalti definitivo.

Fase Alevín


Dumbría Alevín

Tamén en San Andrés había fútbol, e fútbol de calidade. Xogábanse as semifinais da Fase Final Alevín. As EFM Vimianzo vencía precisamente ao Outes por 4-2, mentres que o Dumbría facía o propio co Cee, vencendo por 3-0.

Vimianzo alevín

A fin de semana que vén, aínda en campo por determinar, triple final:

  • Alevíns: Vimianzo - Dumbría.
  • Benxamín: Dumbría - Cee.
  • Prebenxamín: Xallas - Dumbría.

 

Novas relacionadas