Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Sofán e Outes métense na final para entrar na Fase de Ascenso

Xallas-Outes de xuvenis copia
Imaxe do Xallas-Outes
Xuvenís: Sofán e Outes métense na final para entrar na Fase de Ascenso

O Sofán (ás ordes de Cantudo) e Outes (dirixido por Fernando García Cuesta) cumpriron os pronósticos e elminaron a Os Miúdos e Xallas nas semifinais da Fase Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Pero non o tiveron doado. O Sofán sufríu tinta en Fontenla e gañou pola mínima a os Miúdos de Mané Senande, e o Outes tivo que acodir á quenda de penaltis para deixar fóra ao Xallas de Rúpper.

Agora, queda a final o vindeiro sábado 12 nun campo neutral por determinar nunha reunión que se celebrará este luns, onde se decidirán as finais das 3 finais de xuvenús, cadetes e infantís (onde os dous primeiros xogan unha final).

Sofán - Os Miúdos (3-2)

Sofan Xuvenil 2021

En Fontenla enfrontábanse carballeses e muradáns. O partido púxose moi de cara pronto para os de Cantudo, poque aos 6 minutos xa se adiantaban cunha boa presión de Raúl sobre o meta muradán. Os de Mané, que chegaban moi tocados de efectivos, tiñan moitas dúbidas na saída do balón, algo que aproveitaba a SD para meter presión arriba. Os carballeses fallaban unha pena máxima aos 15 minutos, pero non fallaba Iván Fdez. pouco despois para facer o segundo.
O choque foise ao descanso cun Sofán moito máis cómodo.

Pero cambiou o ton na segunda. Adiantaron liñas os de Muros, ante unha SD algo desconectada, e en 10 minutos xa se metían no partido co zapatazo de Alonso á saída dunha falta lateral. Seguía empurrando o Muros ante un Sofán que tivo algunha ocasión á contra. Era o cadete Iván o que facía o empate faltando 20 minutos tras unha boa xogada levada por Jesus e Alonso. E cando parecía que os Miúdos viñan fortes, viñéronse abaixo, e a SD tivo varios mans a mans ata que no 86' noutra acción na área, Raúl caza de novo o balón para poñer o 3-2.

Outes* - Xallas (0-0) (*por penaltis)

Xuvenis do Outes

En San Andrés, Zas, enfrontábase os de Fernando e os de Rúpper, nun partido raro, cos dous equipos con demasiadas precaucións, moi igualado tacticamente, e sen un dominador claro. Se cadra os da Serra tiveron algunha chegada máis pero sen acerto, nun choque de moita intensidade con poucas ocasións, pero algunha sobre todo a balón parado. O perigo máis grande creábano por banda a velocidade e a calidade de Ryam e de Óscar, mentres que para o Xallas Rubén e Rabelo tiveron as ocasións máis claras pero estiveron moi vixiado polo seus defensores.

Pouco a pouco o Outes foi empurrando e o Xallas despois de facer un partidazo ía pechándose atrás, sobre todo na prórroga, onde o cansanzo xa facía mella.
Xa nos penaltis, casi fan unha coma a da final do Villareal, cos porteiros que xa se estaban vendo en ronda de tiro, pero... xusto antes se decantaba do lado da Serra.

Despídese Rúpper de varios rapaces que comezaban a súa andaina futbolística con el aos 6 anos, como son Fabi, Mou, Fidi, García, Rabe, Rubén, Dani e Vila. Toda unha etapa que pasa.

Novas relacionadas

Comentarios