Oza e Malpica encamiñan o pase á final da promoción á Liga da Costa
SD Oza e Malpica deron un paso importante para meterse na final da Fase de Ascenso á Liga da Costa. En Muros, non lle chegou ao Volantes con rexuntar aos algúns dos habituais despois da espantada das últimas semanas que mesmo provocou que non se puidesen presentar a varios partidos, pero estaba descentrados e estiveron a merced dun Malpica moi máis rodado e efectivo.
Mentres no Carral, o Oza sacaba un 3-1 que pode valer o seu peso en ouro para a volta en Xaviña.
SD Oza - Cerqueda (3-1)
- Oza: Samuel, Dani Cotelo, Alex Moreno, Lavandeira, Alberto, David, Nacho Pose, Hugo Fraga, Saad, Crespo, Salah e Abib. Tamén: Brais Bolón, Puñal, Alexis, Christian, Lagoa.
- Cerqueda: Mateo, Adrián, Dani Reixía, Marcos Pensado, Gus, Hugo Fraga, Moha, Andy, Alex, Brais e Salah. Tamén: Hugo Paredes, Carlos Amado, Christian Velo, Iván Rey e Palermo.
- Goles: 1-0, m.10: en propia; 2-0, m.22: Hugo Fraga a centro de David; 2-1, m.81: Alex López; 3-1, m.83: Abib.
Saía Oza moi firme defensivamente, con Alex Moreno e Lavandeira moi seguros atrás. Pronto se adiantaban os locais cun gol en propia e no ecuador facían o segundo tras unha nova internada de David. Non estaba facendo bo partido o Cerqueda, que a pesar de ter algunha ocasión non conseguía apretar demasiado.
Comezaba moi igualada a segunda metade. O Cerqueda ía meténdose máis en campo contrario, sen facer un bo partido, e tras varios avisos, Álex López recurtaba a 10 do final. Nada máis sacar de medio Lagoa probaba a Mateo dende o mediocampo, pero nun saque rápido de Samuel a Abib este se plantou ante Mateo e definiu de vaselina.
Volantes - Malpica (0-3)
- Volantes: Xandre, Dani Mariño, Oscar, Héctor, Hugo, Anxo, Javi, Jonatan, Manu de Yi, Borja e Alex Louro. Tamén: Miguel León, Manu Lag e Pola.
- Malpica: Ndoye, Anxo, Pablo, Damián, Garci, Fran, Jorge Parga, Luísmi Cristian, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Eloy, Sergio e Julián.
- Goles: 0-1, m.17: Fran; 0-2, m.35: Garci; 0-3, m.73: Aday de falta.
Conseguíu xuntar 14 xogadores o Volantes, pero algo descentrados, sen adestrador, sen apenas entrenar... polo que non foron quen de meterse de cheo no partido e ademais tiveron en fronte un fantástico Malpica que dominou en todo momento, baixo o mando dun gran Aday. Pronto marcou Fran, aproveitando un rexeite tras unha xogada por banda. Non tardou Garci en facer o segundo cun centro que se foi envelenando e se colaba.
Ía a segunda parte ao ritmo da primeira, o Malpica co balón e o Volantes presionando a saída no que a máis clara para os locais foi un chut dende fóra da área ao largueiro, ademais dun par de xogadas a balón parado. ontra o tramo final, nun golpeo de falta excepcional por parte de Aday poñía o definitivo 0-3 no marcador e certificaba así para o Malpica unha boa vantaxe para o partido de volta na Pedra Queimada.
Máis novas