Catro partidos de auténtica Copa da Costa

Á espera do Baio-Castriz do martes (o Baio xogou onte fase de ascenso á 1ª) xa temos case listo o cadro dos Cuartos da Copa da Costa 2025.
Non houbo grandes sorpresas pero si partidazos moi apretados. Se ben, Esteirana, Outes e Sofán superaron con solvencia a Coristanco, Cee e Cabana respectivamente (fin de temporada para eles), Camariñas, Dumbría, Ponteceso e Muxía sufriron (os muxiáns mesmo tiveron que acodir aos penaltis), para pasar a Cuartos de final, que se disputarán este mesmo domingo 25.
Uns Cuartos nos que Dumbría e Sofán se perfilan como favoritos a cada lado do cadro, pero moito ollo que hai equipos moi en forma.
Camariñas - Xallas (1-0)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Oliver (Caamaño), Carlos (Manuel), Roi (Nazo), Moriño (Borja), Javi, Soule, Mario (Hugo), Djibril.
- Xallas: Iván Couto, García, Fidi, Facal, Adriá, Asier, Macareno, Steven, Dani Barbeira, Sergio Barbeira, Rubén Blanco. Tamén: Joel, Ra, Adrián Couto, Jesús e Carro.
- Gol: 1-0, m.46: Djibril.
Gran partido, de auténtica Copa da Costa, entre dous dos mellores equipos do curso na Liga da Costa. Comezaba o equipo de Cabrejo e Faus levando o control, facendo moito dano con Mario pola banda, mesmo mandando un balon ao longueiro, e cedendo noutras para Djibril, que non aproveitaba por pouco. Pero os de Doriño foron colléndolle o pulso á primeira metade e acabaría dominando e tendo boas chegadas.
Nada máis saír dos vestiarios, Mario presiona, rouba e cede para que Djibril abra o marcador. A parella de moda da temporada volvía aparecer de novo. O partido comezaba a romperse e se o Xallas estiraba liñas, á contra Mario, Djibril e Nazo puideron ter sentenciado. O partido remataba co Xallas colgando balóns, na que calquera xogada podería mandar o choque aos penaltis, pero os azuis aguantaron as embestidas verdes e pasan á seguinte rolda.
Dumbría - Fisterra (2-1)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Brais, Breixo, Dani Chao, Toni, Alex Marcote, Juanjo, Lucas e Estévez. Tamén. Isma, Breixo Castro, Antón, Iago Insua, Pablo Costa, Adrián Periscal, e Baba.
- Fisterra: Joselu, Isma, Dani, Maikel Mouzo, Lobelos, Guille, Juan, Gabri, Jano, Adrián Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Ángel, Rubén, Bruno, Pablo, Jose e Miguel.
- Goles: 0-1, m.25: Jano tras varios rexeites nun saque de banda; 1-1, m.36: Alex Marcote a pase de Toni; 2-1, m.70: Juanjo nun córner tras tocada de Breixo.
Partidazo vibrante no Conco que se desenvolvía co guión previsto: un Dumbría máis dominador ante un Fisterra moi serio que esperaba atrás a base de garra, buscando sacar algunha contra. Tivo un par de ocasións claras de gol os de Pablo Conde, que salvou Joselu, pero os de Lobelos defendían moi ben e tamén avisaban a balón parado, mesmo poñéndose por diante tras un saque de banda. Antes do descanso, o Dumbría mete atrás ao Fisterra, e conseguían empatar nunha xogada na que os fisterráns protestaban un saque de banda. Aínda tivo o cadro visitante outro saque de banda longo con varios tiros seguidos, mesmo un balón ao pau.
Na segunda, o Dumbría non puido meter máis ritmo, ante un Fisterra que tampouco era quen de saír de atrás, pero que estaba moi firme, xa con Rubén no campo e con Isaac avisando, que tivo unha ocasión boa. Estirábase algo o Dumbría que conseguía meterse por diante a 20 do final nun córner. A partir do gol, moi pouco, o Fisterra intentou estirarse con xogo directo, ante un Dumbría que soubo nadar e gardala roupa sen correr riscos. Tivo Anxo que aparecer unha vez, Kanario facía tamén un partidazo, e os fisterráns protestaron unha falta que podería ser expulsións. Nesa falta, as opcións fisterrás petaron na barreira.
Ponteceso - Porteño (1-0)
- Ponteceso: Brais, Ángel, Juan Rey, Javi Souto, Luca, David Castro, Iván Rey, Alberto Recarey, Mara, Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Anxo, Luís, Dani, Neira, David, Simal e Pedro.
- Porteño: Mariolo, Pejo, Brais Mouzo, Joseba, Iván, Mayor, Darío, Alan, Alfredo, Davis Pasantes e Yuyo. Tamén: Rodri, Martín, Nico, Miguel, Josel, Saviola e Pablo.
- Gol: 1-0, m.86: Mara nun córner.
Fermoso, tenso e intenso partido o vivido no Pinguel entre dous equipazos que tiñan moita ilusión na eliminatoria. Foi un partido equilibrado con poucas oportunidades e con alternativas para uns e para outros xa que se coñecen ben e intentaban anular as virtudes de uns e outros. O Porteño cedía o balón aos de Julio Vila, pero na primeira metade foron os que apretaron máis na área contraria, con varias chegadas e internadas con centros, tiros e córners. Os saques longos de Mariolo eran case córners ante un Ponteceso que non lle encontraba a volta ao partido, se ben os Pirucho tampouco estiveron frescos co balón.
Os visitantes reclamaron unha pena máxima, e avisaron cun centro que se paseaba pola área e unha de Darío que remata raso no punto de penalti e marcha lambendo o pau.
Seguía o mesmo guión na segunda, intentando non cometer erros, e co paso dos minutos viase que quen marcara tiña medio pase no peto. E como non podía ser doutro xeito, decidiuse nun balón parado. Puente dispuxo dunha boa oportunidade que Mariolo solventou con seguridade e o que son as cousas, os locais a balón parado poideron adiantarse en algún corner xa antes do que dou pé ao gol de Mara nos minutos finais do partido.
Intentouno aí o cadro da Ponte, cun remate de Pejo xa no desconto que puido ter valido unha quenda de penaltis, pero os de Pirucho pechan así unha temporada que comezaba frouxa e se foi enderezando, e que rematou con só 3 derrotas en 26 partidos dende que o de Xaviña tomou o mando do equipo.
Pola súa parte, o Ponteceso alcanza os cuartos de final diante de un Dumbría claro favorito nunha Copa chea de emoción.
Mazaricos - Muxía (1-1)
- Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Alex Calvo, Brais, David, Sandelo, Marcos, Kevin e Molinos. Tamén: Adrián, Pereiro e Sergio.
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Congui, Carlos Costa, Iago, Mauro, Isma, Julián, Roberto, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Adrián, Anxo, Alex, Víctor Alcaina, Darío, Kevin e Manu Martínez.
- Goles: 1-0 m.67: David nun córner; 1-1, m.70: Fran Moreira.
Intenso partido o vivido nun campo moi seco o de Peña de Ouro. Foi un partido moi bonito vivir, cun Mazaricos que saía cun ritmo moi alto, moi ben na saída do balón, dominando pero sen demasiadas ocasións. Co paso dos minutos, no último terzo da primeira metade, o Muxía estirouse tendo varias ocasións, con varios córners seguidos, ou como unha de Manu Nogueira que supera ao porteiro e ten que sacar Brais baixo paus.
Na segunda volvía o Mazaricos avisar, ante un Muxía que non era quen de facer boas xogadas pero que estaba moi ben metido no partido. Adiantábase o cadro de Marcos nun córner, pero de contado, os de Pataca empataban nunha xogada que non acertou a despexar a defensa roxiña. Quedaban 20 minutos nos que ninguén arriscou demais, tendo Kevin a mellor ocasión a 3 do final, pero o seu intento de vaselina non superou a Iván Bouzón.
Na lotería dos penaltis, fallaron Marcos e Kevin para os amarelos, transformando o cuarto e definitivo Kevin Carballo para os corviños.