Anxo, Rodri e Guille, os Premios Pombo do Fútbol da Costa 24/25

Despois de contabilizar os pichichis da Costa, e esperando que remate o FUTFEM, facemos hoxe números para descubrir que van levar os Premios Pombo da Costa desta temporada 2024/2025. Uns premios aos porteiros menos batidos que segue lembrando ao meta cabanés, finado fai 10 anos.
Anxo Lema, do Dumbría, Rodri do Baio, e Guille do Zas, son os terán que asistir á X Gala do Futbol da Costa - QPC para recoller os prezados balóns da Olería de Buño, nun evento do que pronto daremos novidades.
Anxo (Dumbría), porteiro menos batido da Pref. e 1ª
Na 1ª e Preferente está moi claro o premio, e volve ser para o dumbriés Anxo Lema, que xa ten 3 na casa. O ceense é a día de hoxe, aos seus 38 anos, o porteiro con máis Pombos da Costa, pois leva gañando trofeos dende que en 2015 se fixera co primeiro coa camisola do Soneira. Levou ademais os premios en 2018, tamén co Soneira e en 2023, xa co Dumbría.
Por detrás, moi lonxe quedaron os Coke (Castriz), Joselu (Fisterra), Adrián (Muxía) ou MJ (Esteirana), pero cunha media de. goles encaixados moito máis alta.
Non poden entrar na loita os dous porteirazos do Sofán, Gardu (campión o ano pasado) e Brais, pois Pablo Torreira repartiu as súas titularidades e non dan o número mínimo esixido.
PREMIO POMBO Pref e 1ª | Goles | Partidos xogados |
Media |
Anxo (Dumbría) | 29 | 28 | 1,035714286 |
Coke (Castriz) | 54 | 31 | 1,741935484 |
Joselu (Fisterra) | 60 | 33 | 1,818181818 |
MJ (Esteirana) | 64 | 30 | 2,133333333 |
Adrián (Muxía) | 63 | 28 | 2,25 |
Rodri Toja (Baio), na Liga da Costa
Pasa o mesmo que cos porteiros do Sofán cos de Camariñas, pois Jorge e Pablo alternaron partidos. Así, o Premio Pombo da 2ª FUTGAL vai para Rodri. O porteiro do CD Baio, medio de Laxe e medio de Coristanco, demostrou o por que do seu paso polas categorías inferiores do R.C. Deportivo da Coruña, onde o pasado disputou 14 partidos co Xuvenil A de División de Honra e mesmo algún co Fabril.
Con aínda 20 anos recén cunmplidos, completou unha gran temporada, cunha media por debaixo do gol encaixado por partido, e venceu a porteirazos como Pity (Soneira), Pedro (Monte Louro), Mariolo (Porteño) ou Iván Couto (Xallas).
PREMIO POMBO 2ª | Goles | Partidos xogados |
Media |
Rodrigo (Baio) | 23 | 26 | 0,8846153846 |
Pity (Soneira) | 31 | 29 | 1,068965517 |
Pedro (Monte Louro) | 34 | 29 | 1,172413793 |
Mariolo (Porteño) | 29 | 23 | 1,260869565 |
Iván Couto (Xallas) | 34 | 27 | 1,259259259 |
Gulle (Zas), na 3ª
Na 3ª, a cousa estivo máis complicada, porque a mellor media a tiña Joel (Malpica). O porteiro malpicán Joel tiña unha media espectacular, tendo encaixado só 10 goles, pero o seu número de partidos (18) non alcanza o 73% esixido para poder optar ao premio. Igual acontece cos porteiros do Sofán B, que se foron alternando mesmo cos dous xuvenís.
Así, o premio queda para o porteiro do Sporting Zas, o campión de Liga, Guille, natural de Bamiro, Vimianzo. Por detrás quedaron Mateo (Cerqueda), Álvaro (Nantón) ou Samuel (Oza).
PREMIO POMBO 3ª | Goles | Partidos xogados |
Media |
Guille (Zas) | 25 | 22 | 1,136363636 |
Mateo (Cerqueda) | 29 | 21 | 1,380952381 |
Álvaro (Nantón) | 30 | 18 | 1,666666667 |
Samuel (Oza) | 45 | 25 | 1,8 |