Repaso aos adestradores, e directivas, do Fútbol da Costa para o curso 22-23
Como cada comezo de agosto, facemos repaso dos bancos, e directivas, do Fútbol da Costa. Un repaso que nos pon xa en modo 2022-2023, analizando como afrontan o curso os 38 equipos da comarca que se distribúen do seguinte xeito:
- 2 equipos na Preferente (que xan ten Plan Competicional e comeza o 11 de setembro).
- 6 equipos na 1ª Galicia (que tamén ten Plan e que tamén comeza o 11 de setembro).
- 16 equipos na 2ª Galicia.
- 14 equipos na 3ª Galicia.
Novos adestradores
Son moitos os cambios de cromos nos bancos da Costa, con 19 (dos 38) novos adestradores.
Comezando por arriba, onde o Sofán aposta por Pablo Torreira despois das súas fantásticas campañas no Baio (o cadro baiés tira dun home da casa como Félix) ou o Fisterra, que tralo éxito do ano pasado buscará asentarse na Preferente con outro retornado, Ángel Ventanas.
Na 1ª, só renovaron Pedro (Soneira), Pablo Conde (Dumbría) e Geno (Esteirana), e estrearán banco Adrián Vázquez no Xallas, Mingui, con Cantudo, no Mazaricos, e o nomeado Félix no Baio.
Na Liga da Costa, xa con todo o peixe vendido, hai poucos cambios. A volta de Chicho á comarca para facer no Volantes o que fixo co Mazaricos, ou a fichaxe natural de Juan Cabrejo polo Camariñas, son as novas máis destacadas. Ademais, o novo proxecto do San Lorenzo inclúe a Dani Casal como novo capitán do banco; e o recén ascendo Oza aposta por Míchel.
Máis dúbidas na 3ª, con 9 novos adestradores e aínda 3 bancos por ocupar.
Atención especial merece o SCD Malpica, con problemas para xuntar xogadores. O club de Jesús Vila vaise inscribir á espera de seguir sumando fichas para acompañar a Aitor, home da casa que fará de adestrador/xogador.
6 novas directivas
Xa analizamos varios cambios nas directivas costeiras E tamén son datos que demostran o valor das Directivas, e do complicado que é traballar para que
Unhas que volven, como a do Baio tralo excelentísimo paso de Rebeca Facal pola presidencia, e outras que arrincan case de cero como a do Xallas ou Lira. Será precisamene Alba Tajes a única presidenta do noso Fútbol da Costa, trala dimisión da xalleira Bea e da baiesa Rebeca.
|
Preferente
|
SD Fisterra | Angel Ventanas (novo) | Sergio Insua (novo) |
| SD Sofán | Pablo Torreira (novo) | Ricardo Serrano | |
|
1ª Galicia
|
Xallas | Adrián Vázquez (novo) | Silvariño (novo) |
| Baio | Félix (novo) | Chino (novo) | |
| Soneira | Pedro Gómez | Pichón | |
| Mazaricos | Mingui e Cantudo (novo) | Casais | |
| Dumbría | Pablo Conde | César Ferrío | |
| Esteirana | Geno | Manolo Ferrolán | |
|
2ª Galicia
|
Ponteceso | Pablo Mallón | Álvaro |
| Volantes | Chicho (novo) | José Alberto | |
| Corme | Ángel | Quico | |
| Muxía | Diego Lobelos | Juan Manuel | |
| Cabana | José Manuel | Míchel | |
| Cee | Rafa Suárez | Ramon iglesias | |
| Camariñas | Juan Cabrejo (novo) | Vicente Carril | |
| Monte Louro | Bibi | Juan Manuel Caamaño "O Grelo" | |
| Muros | Juan Porrúa (novo) | Cristian | |
| Outes | Miguel Ramos | Francisco Javier Cao | |
| Castriz | Miguel Chouza | Pince | |
| San Lorenzo | Dani Casal (novo) | Dani Fuentefría (novo) | |
| Cerqueda | Jorge Guillamet | Héctor | |
| Coristanco | Juni | Manolo | |
| Corcubión | Nito | Carlos Lema | |
| Oza | Míchel (novo) | Antonio O Rubio | |
|
3ª Galicia
|
Lira | Gabriel Sil (novo) | Alba Tajes (nova) |
| Nantón | Sancho (novo) | Carlos Vidal | |
| Baíñas | Roski | Juan Silva | |
| Malpica | Jorge Calvete (novo) | Jesús Vila | |
| Zas | Martin Vecino (novo) | Manolo Corzón | |
| Buño | Jose Carabel | Nelson | |
| Camelle | Sergio (novo) | Luís Romaní | |
| Seaia | Chols | Josiño | |
| Xallas B | Adrián Lema (novo) | Silvariño | |
| Castrelo | Ordóñez (novo) | Estebo | |
| Ameixenda | Javi Pinturas (novo) | Carlos Trillo | |
| Porteño | Cousillas | Manu | |
| Pereiriña | Emilio Corzón | Dani Lema (novo) | |
| Laxe | Lilo (novo) | Felipe |
Novas relacionadas
- O Plan Competicional da Preferente e 1 Galicia.
- Cambio de timón na directiva do Fisterra… e do Xallas, Lira, Baio e San Lorenzo.