Repaso aos adestradores, e directivas, do Fútbol da Costa para o curso 22-23

Como cada comezo de agosto, facemos repaso dos bancos, e directivas, do Fútbol da Costa. Un repaso que nos pon xa en modo 2022-2023, analizando como afrontan o curso os 38 equipos da comarca que se distribúen do seguinte xeito:
- 2 equipos na Preferente (que xan ten Plan Competicional e comeza o 11 de setembro).
- 6 equipos na 1ª Galicia (que tamén ten Plan e que tamén comeza o 11 de setembro).
- 16 equipos na 2ª Galicia.
- 14 equipos na 3ª Galicia.
Novos adestradores
Son moitos os cambios de cromos nos bancos da Costa, con 19 (dos 38) novos adestradores.
Comezando por arriba, onde o Sofán aposta por Pablo Torreira despois das súas fantásticas campañas no Baio (o cadro baiés tira dun home da casa como Félix) ou o Fisterra, que tralo éxito do ano pasado buscará asentarse na Preferente con outro retornado, Ángel Ventanas.
Na 1ª, só renovaron Pedro (Soneira), Pablo Conde (Dumbría) e Geno (Esteirana), e estrearán banco Adrián Vázquez no Xallas, Mingui, con Cantudo, no Mazaricos, e o nomeado Félix no Baio.
Na Liga da Costa, xa con todo o peixe vendido, hai poucos cambios. A volta de Chicho á comarca para facer no Volantes o que fixo co Mazaricos, ou a fichaxe natural de Juan Cabrejo polo Camariñas, son as novas máis destacadas. Ademais, o novo proxecto do San Lorenzo inclúe a Dani Casal como novo capitán do banco; e o recén ascendo Oza aposta por Míchel.
Máis dúbidas na 3ª, con 9 novos adestradores e aínda 3 bancos por ocupar.
Atención especial merece o SCD Malpica, con problemas para xuntar xogadores. O club de Jesús Vila vaise inscribir á espera de seguir sumando fichas para acompañar a Aitor, home da casa que fará de adestrador/xogador.
6 novas directivas
Xa analizamos varios cambios nas directivas costeiras E tamén son datos que demostran o valor das Directivas, e do complicado que é traballar para que
Unhas que volven, como a do Baio tralo excelentísimo paso de Rebeca Facal pola presidencia, e outras que arrincan case de cero como a do Xallas ou Lira. Será precisamene Alba Tajes a única presidenta do noso Fútbol da Costa, trala dimisión da xalleira Bea e da baiesa Rebeca.