As Seleccións da Costa póñense a punto no Conco

Foto de familia da Seleccións da Costa e o CF Dumbría, co árbitro David Cancela

Este xoves estrearon os rapaces da Selección da Costa a Amarela. A nova sesión de adestramento dos combinados costeiros tivo lugar no Conco, realizando sendos partidos ante os equipos dumbrieses. Un marco ideal para estes preparativos, contando cun trato exquisito por parte da familia de todo o CF Dumbría, nomeadamente dos Pastoriza, Julio Vila, Nando Waldomar, ou Huelvis.

A pesar dos resultados (os sub11 perderon 5-2 ante o Dumbría Alevín; e os sub13 4-1 ante o Infantil de Liga Galega) quedan moi boas sensacións, sendo o máis importante a experiencia que viven estes rapaces tan novos, de convivir con outros da comarca, como nos explicaba Huelvis ao final do partido.

No deportivo a calidade quedou demostrada pero queda mellorar a nivel grupal, e precisamente para iso están estes partidos de preparación.

O venres que vén haberá unha nova sesión de adestramento xa co punto de mira fixo na Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebrará no Entroido (24-25 de febreiro).

Os adestradores dos combinados fixeron estas declaracións para QPC.

 

Novas das Seleccións