O sorteo da Copa da Costa, un evento pioneiro no fútbol galego

Familia de galardoados no sorteo da Copa da Costa 2019

Se nos remontamos un ano atrás, e lembramos o sorteo da Copa da Costa no frío auditorio de Baio, decatámonos no salto que pegou o Fútbol da Costa en apenas 365 días.

O acto, dirixido por Josiño Mira, da Radio Nordés, celebrado este sábado no Castelo de Vimianzo, refrenda a lenda do fútbol costeiro. Un sorteo ao estilo Champions, con bolas, grandes mitos e un despregamento de medios que demostra que o idilio desta Real Federación Galega de Fútbol á nosa comarca é máis intenso que nunca. Dende aquela Gala de QPC en Mazaricos, xa van case 3 anos de auténtico amor entre Rafael Louzán e o Fútbol da Costa, como o propio presidente recoñecía.

E precisamente son por cousas como estas, por encher un espazo tan simbólico como o Castelo de Vimianzo para unha cita singular, pioneira no fútbol galego.

A cita serviu para presentar ademais a I CopadaCosta Feminina, e tivo a Marta Calvo, a primeira xogadora con licenza nun club costeiro (Outes) que vestiu a camiseta da Seleccion Galega, como unha das protagonistas.

A RFGF quixo ademais recoñecer a tres mitos do noso fútbol: Doro, que non puido asistir, como o xogador con máis títulos (7); Manín, o xogador con máis finais disputadas (8, 5 gañadas e 3 “roubadas”); e Manolín, o Rei de Copas (9 títulos, 2 como xogador e 7 como adestrador). Os dous figuras fixeron de mans inocentes sacando as bolas do sorteo…

Recoñecemento á difusión

Tamén houbo un momento dedicado a outros dos culpables da lenda do fútbol costeiro, os medios. E a RFG escolleu a José Manuel Ferreiro, con máis de 40 anos ás súas costas contando o que acontece no noso deporte; e a Fran Hermida, a eterna Voz do Fútbol da Costa, que leva dende 2004 narrando a Copa da Costa e que sempre ten a ilusión e vontade de presentar as Galas QPC.

Ademais a RFGF tivo o detalle de recoñecer o traballo do diario Quepasanacosta para a difusión do noso deporte. Ubaldo Cerqueiro, que agradeceu aos que forman parte do equipo QPC como Alberto Pose e Manuel Varela, recolleu o galardón.

Sorteo

Se ben en Cuartos haberá un novo sorteo, ata alí a competición queda do seguinte xeito, disputándose a partido único na casa do equipo de menor categoría, e cunha rolda de previa.

Máis información