O sorteo da Copa da Costa, o “prestixio” do Fútbol da Costa
- Os cadros das Copas da Costa sempre en www.copadacosta.com.
- A eliminatoria estrella na Copa masculina, un Dumbría-Sofán en dezaseisavos.
- A final da Copa da Costa masculina se dispute no campo Irmandiño de Vimianzo, co motivo do 60º aniversario do SD Soneira
- A final da Copa da Costa feminina se disputa en Fontenla, Santa Comba, co gallo do 60º aniversario do Xallas FC.
Non fallan os clubs do Fútbol da Costa a unha das citas, de interior, máis esperadas do ano. A Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, engalanábase coas lonas da Real Federación Galega de Fútbol para celebrar, con todo o bombo que merece, o sorteo das Copas da Costa. Unha cita que sempre significa un momento ideal para que as directivas se vexan as caras (estiveron presentes máis de 60 persoas) e apunten as datas e rivais da competición máis bonita do noso senlleiro fútbol costeiro. Máis se cabe neste momento, trala posta en marcha da nova ASFACOS, Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa.
Deu a benvida o alcalde de Dumbría, Raúl González, agradecendo que a RFGF vaia rotando a ubicación do sorteo.
De contado, o presidente da RFGF, Pablo Prieto, que recoñeceu que “estamos dando un novo impulso a este prestixio que ten a Copa da Costa”. Asegurou que están preparando unhas finais que conten con diversas actividades parelalas, e que están traballando para que se poida retransmitir pola TVG. “Este é un dos eventos máis emotivos para min como presidente”, inicidiu o dirixente que fixo fincapé no “prestixio” desta competición.
Silvia Cancela quixo recordar a falta de Juan Villamisar e de Manolo Vecino. “Entre os dous suman máis 40 anos dedicados ao fútbol”, resumiu na pequena pero emotiva homenaxe.
Foi o delegado Manuel Corredoira o que sinalou que todas as Copas de Galicia se xogan a partido único no campo do equipo pequeno, como se implantou primeiramente na Costa, e se disputan integramente no 2026, e deu paso aos sorteos, coas mans inocentes de Yolanda (Ponteceso) e Paula (Muros) no feminino e de Josema (Dumbría) e Noya (Muxía para o masculino).