Volta á esencia
Como acostumou a ser durante moitos anos, os seareiros que o desexen poderán presenciar a ida das dúas semifinais da Copa
Unha Copa que estaba a pasar de puntillas entre tanto ascenso, promoción e arrastre recupera o esplendor no seu antepenúltimo paso. Contribúe o acordo entre clubes, que favorece a asistencia de seareiros a dúas frontes relativamente achegadas.
O primeiro dos dous derbis terá lugar en Santa Comba, con dúas categorías de liga de por medio e moitos coñecidos. Xallas e Mazaricos poderían estar moito máis próximos nun encontro físico. A Fontenla se adapta á perfección ás características dos de Néstor Romero, que seguramente estreitará o terreo de xogo e levará a cita a un cara a cara de reducidas dimensións. Os combeses deron unha lección de contragolpe na volta do cruce co Fisterra.
Pouco despois de terminar, Soneira e Sporting Zas interpretan o segundo derbi consecutivo para os vimianceses. Chega o campión de Primeira Autonómica nun permanente estado de ledicia, e coa sensación de que a súa calidade ofensiva garante canto menos un cincuenta por cento de opcións en cada encontro. Os zascenses, inmersos na promoción de ascenso, descansarán nesa fronte esta semana e poderán arriscar un chisquiño máis no que á confección do once se refire.
Ademais, na base, Xallas Xuvenil e Dumbría infantil teñen a posibilidade de meterse na eliminatoria final para acadar o ascenso á Liga Galega. E tamén coñeceremos os finalistas das Copas cadete e infantil.
Os Veteranos afrontan a volta dos Cuartos con dous equipos xa cun pé nas semis.
E outra das citas da fin de semana para o Fútbol da Costa é a cita dos Lema Suárez e Chema Rei, co seu libro "50 anos da historia do Fútbol da Costa", desta volta en Corme. Suso da Torriña presentará e a charla xirará arredor da historia do cadro cormelán. A cita o sábado ás 19:00h no Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte.
CopadaCosta, Ida das Semis
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 4
Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil
Copa da Costa Cadete, Volta das Semifinais
CopadaCosta Infantil, Volta das Semifinais
CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Cuartos
A Gala do Fútbol da Costa
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- O home que faría parecer vello a Benjamin Button.
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)