Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Volta á esencia

Volta á esencia

Como acostumou a ser durante moitos anos, os seareiros que o desexen poderán presenciar a ida das dúas semifinais da Copa

O Soneira despois de ver ao Castriz tera que enfrontarse ao Zas-Foto-Maca Cuns O Soneira despois de ver ao Castriz tera que enfrontarse ao Zas-Foto-Maca Cuns

Unha Copa que estaba a pasar de puntillas entre tanto ascenso, promoción e arrastre recupera o esplendor no seu antepenúltimo paso. Contribúe o acordo entre clubes, que favorece a asistencia de seareiros a dúas frontes relativamente achegadas.

O primeiro dos dous derbis terá lugar en Santa Comba, con dúas categorías de liga de por medio e moitos coñecidos. Xallas e Mazaricos poderían estar moito máis próximos nun encontro físico. A Fontenla se adapta á perfección ás características dos de Néstor Romero, que seguramente estreitará o terreo de xogo e levará a cita a un cara a cara de reducidas dimensións. Os combeses deron unha lección de contragolpe na volta do cruce co Fisterra.

Pouco despois de terminar, Soneira e Sporting Zas interpretan o segundo derbi consecutivo para os vimianceses. Chega o campión de Primeira Autonómica nun permanente estado de ledicia, e coa sensación de que a súa calidade ofensiva garante canto menos un cincuenta por cento de opcións en cada encontro. Os zascenses, inmersos na promoción de ascenso, descansarán nesa fronte esta semana e poderán arriscar un chisquiño máis no que á confección do once se refire.

Ademais, na base, Xallas Xuvenil e Dumbría infantil teñen a posibilidade de meterse na eliminatoria final para acadar o ascenso á Liga Galega. E tamén coñeceremos os finalistas das Copas cadete e infantil.

Os Veteranos afrontan a volta dos Cuartos con dous equipos xa cun pé nas semis.

E outra das citas da fin de semana para o Fútbol da Costa é a cita dos Lema Suárez e Chema Rei, co seu libro "50 anos da historia do Fútbol da Costa", desta volta en Corme. Suso da Torriña presentará e a charla xirará arredor da historia do cadro cormelán. A cita o sábado ás 19:00h no Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte.

 

CopadaCosta, Ida das Semis

www.copadacosta.com Os cadros da Copa sempre actualizados ao momento en www.copadacosta.com  

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 4

www.copadacosta.com Os cadros da Fase de Ascenso sempre actualizados en www.copadacosta.com  

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil

www.copadacosta.com  

Copa da Costa Cadete, Volta das Semifinais

Copa Cadete  

CopadaCosta Infantil, Volta das Semifinais

www.copadacosta.com  

CopadaCosta dos Veteranos, Volta dos Cuartos

Copa Veteranos Futbol da Costa O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios