Xa temos semifinais do singular Campionato de Barrios de Esteiro

Imaxe do choque Ciclóns-Pentacosta-Foto: Sandra Abeijón

Rematou a primeira fase da 43ª edición do Campionato de fútbol de Barrios de Esteiro, un dos torneos de veran máis auténticos do país.

Na primeira fase enfrontáronse todos os equipos nunha liguiña a unha soa volta, clasificándose para as semifinais os equipos: Ciclóns, Cánchester, Abelleira e Independiente.

Foi o Pentacosta, equipo que nace dunha fusión de dous barrios que están pegados (a Pendente e Tal) o que levou a honrosa "cuchara de madeira”, o premio que se lle outorga ao último clasificado.

Nesta primeira fin de semana de agosto disputaránse as semifinais. O sábado 6 as 19:30h xogarán os Ciclóns (1º) conta o Independiente (4º, e vixente campión). O domingo xogarán o Cánchester (2º) contra a Abelleira (3º) á partir das 21 horas, ao remate do partido memorial Pedro Caamaño -presidente fundador da Esteirana- que xogarán a SD Esteirana e o Noia CF.

A final do campionato de barrios será coma sempre o vindeiro 15 de agosto, festa do Carme de Esteiro.

PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO