Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro

Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro
Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro

Case que medio mllar de persoas ateigaron, como cada 15 de agosto, o Xosé Luís Vara, para disfrutar da gran final do torneo máis simbólico do verán costeiro. A 41ª edición do Campionato de Barrios de Esteiro chegaba á súa gran final despois dunhas semifinais nas que os favoritos non deron tregua.

O ambiente no campo esteirán era de auténtica festa, dando conta a importancia social deste torneo estival.

Ambientazo no Xose Luis Vara para o Campionato de Barrios de Esteiro-Foto-Rober Pladur Ambientazo no Xose Luis Vara para o Campionato de Barrios de Esteiro-Foto-Rober Pladur https://www.facebook.com/100013857586261/videos/482581835547065/?t=2

Finalmente, e tras un partido máis que vivido, gañaron os Ciclóns do Maio repetindo o título do ano pasado. E iso que se adiantaba o Independiente de Uhia cun tanto de Pablo Rama. Pero os do Maio recuperaron e cos tantos de Lucas e Iago alzaron o trofeo e disfrutaron dun verdadeiro día festivo.

https://www.facebook.com/100013857586261/videos/482657198872862/?t=56

O campionato tamén ten o seu divertido trofeo ao último clasificado da liga regular, facendo un guiño ao mundo do rugbi, que foi, outra vez, o Praias de Raimundes da Pendente.

Novas relaiconadas

https://quepasanacosta.gal/ciclons-e-inde-volveran-disputarse-o-campionato-de-barrios-de-esteiro/

Comentarios