Martes. 19.03.2024
El tiempo

43º Campionato de Barrios: Esteiro non pecha o campo por verán

Ciclons do Maio
Os Ciclóns do Maio sempre parten como favoritos
43º Campionato de Barrios: Esteiro non pecha o campo por verán

Despois da impresionante temporada da Esteirana, con ese magnífico subcampionato de Copa, o fútbol non para en Esteiro. Xa está a pleno rendemento a 43ª (si a 43º…) edición do Campionato de Barrios.

Cun guiño á loita pola recuperación da Illa da Creba no cartel, os 6 equipos do lugar muradán pelexan xa por un posto nas semifinais, e por evitar a culler de pau, .

Cánchester de Creo e os Ciclóns do Maio comezaron moi forte nas primeiras xornadas e suman 2 vitorias en 2 encontros. Cun punto queda, por agora, o Carallo Santo, o Independiente de Uhia (vixente campión), o Balleira e o novo Pentacosta, equipo que nace dunha fusión de dous barrios que están pegados (a Pendente e Tal). Un equipo que xa esistíu cando empezou o campionato, e dividíronse pouco despois do ano 2000 creando os equipos Praias de Reimundes,  Pendente de Trasdacosta e O Tal. No ano 2019 volvéronse a fusionar por falta de efectivos no Praias.

Campionato Barrios Esteiro Calendario 2022

Palmarés dos últimos anos do Campionato de Barrios de Esteiro

Comentarios