O Xallas superou ao Cee e álzase co título de Campioas da Copa da Costa
Vestiuse de gala o campo de Fontenla (que ben se presta para estas grandes citas) para acoller a gran final da VI Copa da Costa FEM. O Xallas facía de anfitrión, ante un Cee que buscaba dar a sorpresa, nun choque no o control dos nervios ía ser chave, como recoñecían as Noes na previa de QPC.
Pero a cor estivo clara sobre o céspede. O Xallas de Eloy García Fateira demostrou por que está nunha categoría superior, e alzouse co seu segundo tituo (xa gañou en 2024), de campionas da Copa da Costa.
Xallas - Cee (4-0)
- Xallas: Rosío, Landi, Graci, Ainhoa, Sara, María Rial, Paula Barcia, Noe Vimi, Daniela, Olalla, Espasandín. Tamén: Silvia, Soraya, Isa, Claudia Facal, Yaiza, Valeria e Peta.
- Cee: Noemí, Lurs, Cris, Aroa, Ramos, Sabela, Laura, Nayara Casais, Duarte, Sharay e Paula Veiga. Tamén: Valeria, Caamaño, Thalia, Martínez, Caro, Gala e Aroa.
- Goles: 1-0, m.11: Noe; 2-0, m.16: Olalla; 3-0, m.27: Espasandín; 4-0, m.46: Espasandín.
Foron superiores dende o comezo as locais, con Olalla Antelo e Maria Rial dominando o medio do campo, e moi seguras atrás con Carla Landeira e Sara Vázquez, que non deron opción as atacantes do Cee.
O partido rompeuse moi pronto, con dous tantos de Noe Vimi e a propia Olalla antes de que se cumplise o primeiro cuarto de hora. As de Rafa Suárez o intentaron, pero a pesar do ímpetu de Lucía Ramos, e algún bo momento de Duarte, non eran quen de chegar a meta de Rosío.
Antes do descanso chegaron dous tantos máis de Espasandín, que deixaron o partido encamiñado.
Na segunda, cos trocos, o cadro ceense mellorou bastante pero non foron quen de romper liñas para meterse no partido, e a celebración foi de cor morada.