A música invade Laxe

Impresionante o tremendo mes de agosto que se vai pegar a vila de Laxe. A música será a protagonista, destacando a creación dun novo festival que complete a Axenda Sonora da Costa da Morte.

Falamos do Festival Marea Rock de Laxe, que chega o vindeiro xoves 14 de agosto, con varios grupos puntueiros do panorama galego como son Patxaranga, que xa teñen pasado pola zona os seus ritmos balcánicos; o home orquesta Cé Orquesta Pantasma, unha grande das festas tradicionais gaegas; a banda local Troleblús; Mad Martin; Novedades Carminha, unha das bandas punquis máis salvaxes do país; e Chotokoeu, un grupo de fusión que gusta moito de vir pola volta.

Sesión de Festas

E cambiamos as bandas polas verbenas para disfrutar dos tres días de Festas de Laxe que seguirán ao Marea Rock:

  • Venres 15: Sesión vermú con Metrópolis; pola noite Metrópolis e Armonía Show.
  • Sábado 16: Sesión vermú con Magos de España: pola noite Magos de España e Atenas.
  • Domingo 17: Sesión vermú con Foliada; pola noite Foliada e Cinema.

Xira de concertos na Ventana

E o Pub A Ventana de Laxe non para polo verán e se reafirma como a sala de música máis activa da Costa. Este mes de agosto non ten parada, e aproveita os días da semana para manter o fío musical todo o mes.

Máis información

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).