Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Castelo Rock completa un cartel cargado de rock galego

O Castelo Rock completa un cartel cargado de rock galego
Cartel do Festival Castelo Rock 2014

Ademais de Terbutalina e Los Gatillazo, o Festival Castelo Rock 2014 achegará a Muros a outras bandas míticas do panorama roqueiro español. Los Suaves, os grandes e eternos ourensáns compartirán a cabeza do cartel coas bandas primeiras.

Pero é que en total serán 10 grupos e 2 DJs os que farán que a música non pare nos días 8 e 9 de agosto. Ademais de música haberá actividades de día, para nenos, xóvenes e maiores, acampada de balde, praia…

Vendetta, banda euscalduna de ska, completará a parte dos Veteranos de luxo, presentando o novo disco “Fuimos, Somos y Seremos”.

Rock Galego

Hoxe, a Asociación Praia do Castelo completaba o cartel coas últimas novidades, cun claro acento de rock galego. Novidades entre as que hai que destacar a presencia das veciñas de Boiro AGORAPHOBIA. As xóvenes guerreiras de Boiro presentarán o seu último LP “Dirty little things” onde se incluen sete temas e un remix que destacan pola súa forza, ricas melodías e unhas letras cargadas de ironía. Chegan ademais con premios a nivel estatal como VodafoneYu Music Talent 2013 baixo o brazo.

Tamén teremos a posibiliade de disfrutar a Machina, os gañadores dos Premios da Musica Galega 2013 na categoría de Metal. Logo de ser elixida 2 veces para acompañar a Berri Txarrak polo noso país, e tocar con bandas como S.A ou Sepultura entre outras volven con máis forza que nunca tras 10 anos nos escenarios de toda Galicia.

E non faltará un pouco de Ska para podermos bailar. Os coruñeses de Monte Alto Trapallada traerá os seus bailongos ritmos de ska, punk e raíces, moi influenciada por grupos da terra coma “Os Diplomáticos de Monte Alto”, “Xenreira”ou “Skárnio”, e tamén con outras bandas non galegas coma “Kortatu”, “Non Servium” ,“Skalariak”…

E tamén teremos aos do Caimán do Río Tea, míticos veterans galegos que se reúnen para celebrar o seu 20 aniversario en Muros.

Bandas locais

O Festival pegou un salto este curso co I Concurso de Bandas do Castelo Rock. Un concurso que permitirá que varias bandas compartan cartel cos grandes do rock de todos os tempos. Golpe Radikal foron os vencedores do I Concurso e aí estarán con esta candela:

Tamén estarán os muradáns ZEROS, que cumplirán un ano sobre o escenario do Castelo, facendo versións dos grupos máis míticos do panorama español como os propios Los Suaves, Platero y tú, Barricada e moitos máis.

As entradas

Entradas do Castelo Rock

Xa vos opdedes ir facendo co abono para os dous días en codetickets ou en calquera dos puntos de venda física:

  • Ourense: Peggy Records.
  • Santiago: A Reixa Tenda.
  • Melide: Pub Gatos.
  • Lugo: Don Disco.
  • A Coruña: Portobello.
  • Vigo: Tenda Tipo.
  • Culleredo: Forum Celticum.
  • Bueu: Sala Aturuxo.
  • Cee: Lennon Bar, Café Colonial.
  • Muros: Deportes Antonán, Xamonería O Varadoiro.
  • Esteiro: Pub Tabota.
  • Pobra do Caramiñal: Discoteca Gran Vía.

Máis información

Novas relacionadas

Axenda Sonora

Fonte

Comentarios