A música invade Laxe


Impresionante o tremendo mes de agosto que se vai pegar a vila de Laxe. A música será a protagonista, destacando a creación dun novo festival que complete a Axenda Sonora da Costa da Morte.
Falamos do Festival Marea Rock de Laxe, que chega o vindeiro xoves 14 de agosto, con varios grupos puntueiros do panorama galego como son Patxaranga, que xa teñen pasado pola zona os seus ritmos balcánicos; o home orquesta Cé Orquesta Pantasma, unha grande das festas tradicionais gaegas; a banda local Troleblús; Mad Martin; Novedades Carminha, unha das bandas punquis máis salvaxes do país; e Chotokoeu, un grupo de fusión que gusta moito de vir pola volta.
Sesión de Festas
E cambiamos as bandas polas verbenas para disfrutar dos tres días de Festas de Laxe que seguirán ao Marea Rock:
- Venres 15: Sesión vermú con Metrópolis; pola noite Metrópolis e Armonía Show.
- Sábado 16: Sesión vermú con Magos de España: pola noite Magos de España e Atenas.
- Domingo 17: Sesión vermú con Foliada; pola noite Foliada e Cinema.

Xira de concertos na Ventana

E o Pub A Ventana de Laxe non para polo verán e se reafirma como a sala de música máis activa da Costa. Este mes de agosto non ten parada, e aproveita os días da semana para manter o fío musical todo o mes.
Máis información
Máis novas da Axenda Sonora
- Valarés prepárase para o asalto do indie-
- Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- O Castelo Rock completa un cartel cargado de rock galego.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).