Abre o prazo para o demandado Punto de Atención Infantil (PAI) de Laxe ante as dúbidas da oposición

Leva aprobado dende 2016, pero nunca chegou a mellorar a carteira sanitaria de Laxe polo desleixo das administracións a pesar das continuas esixencias dos grupos da oposición. Agora, en 2026, vai ser por fin unha realidade: Ábrese o prazo para o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Laxe.

”Un espazo pensado para o coidado, a aprendizaxe e o desenvolvemento dos máis pequenos, nun entorno seguro, moderno e acolledor”, dirixdo a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Ata o 15 de agosto as familias poderán inscribir ás súas crianzas no Concello para axudar ás crianzas a mellorar.

As dúbidas da oposición

Levan anos pedindo a súa apertura pero a sensaciónn dende o BNG de Laxe é “agridoce”, porque “non nos dan as contas dos prazos administrativos: abriron as inscricions e non hai prego de contratacion ainda.”. “Que empresa e con que persoal vai abrir o PAI? Como van organizar o periodo de adaptación en setembro?”, pregúntase a voceira Cris Vázquez del Prisco.

Máis novas