Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Piden un Punto de Atención Infantil para Laxe

Circulo de Podemos esixe punto infantil en Laxe
Piden un Punto de Atención Infantil para Laxe

O Círculo Podemos de Laxe vén de esixir pertura inmediata do Punto de Atención Infantil. O grupo considera necesario esta infraestrutura sanigaria para contribuir ao desenvolvemento integral dos dereitos, intereses e capacidades de nenos e nenas de 0 a 3 anos; facilitar a conciliación familiar e promover políticas efectivas de acceso ao emprego e, en consecuencia, o asentamento poboacional.

Segundo o Concelleiro de Unidas Podemos Fernando del Moral Regaldie, Qo grupo de Goberno do PP prometeu por en funcionamiento este servizo na súa primeira lexislatura e non cumpríu. Volveuse a comprometer nas pasadas elecciòns municipais pero, en palabras do recén nomeado Alcalde, poida que tampoco se poña en marcha ata a lexislatura que vén”.

Regaldie ten “serías dúbidas da competencia deste grupo de Goberno do PP para levar a cabo ningún tipo de política que impacte positivamente na vida dos e das veciñas de Laxe” e engade que “gobernar non é andar de maestro de ceremonias”.

Comentarios