O Coliving de Laxe segue fixando a súa pioneira posición en Galicia

O Islow Coliving de Laxe acollía a segunda xuntanza do proxecto "Fixar", impulsada polo Goberno galego coa Asociación Cultural Sende e da que forman parte os coliving de Sende (Lobeira, Ourense), Anceu (Ponte Caldelas) e o propio iSlow. Uns encontros para seguir promovendo novas ideas e proxectos no rural, na que participaron o ano pasado 60 emprendedores de diferentes perfís.