Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O Coliving de Laxe, exemplo autonómico para Fixar profesionais

Conselleira no coliving Laxe iSlow
Inés Silva, á dereita, facendo de anfitriona da Conselleira no Coliving iSlow de Laxe
O Coliving de Laxe, exemplo autonómico para Fixar profesionais

Inés e Julio levan varios anos facendo de Laxe o refuxio de nómadas dixitais de todo o planeta. O seu espazo de coliving iSlow é toda unha referencia a nivel autonómico, como verdadeiro pioneiro neste tipo de establecimentos. 

Así llo quixo recoñecer as directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, que visitou as instalacións do centro, un dos tres centros onde se está a desenvolver o proxecto Fixar, que desenvolve a Xunta da man da Asociación Cultural Sende para atraer profesionais. É a primeira vez que a Xunta aposta por esta clase de iniciativas, que seguen a liña tamén do protagonizado polo Colectivo Carnota no mes de maio.

Concretamente no iSlow participan un total de 60 persoas seleccionadas, que comezaron neste mes de agosto as primeiras estadías de 15 días contempladas tanto en iSlow como nos coliving de Sende (Lobeira) e Anceu (Ponte Caldelas).  

As 60 persoas participantes -13 delas asesoradas desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego; outros son galegos retornados ou estranxeiros afincados na nosa Comunidade- foron seleccionadas das catro provincias galegas, con proxectos multidisciplinares relacionados con eidos como o da cultura ou o da educación, o da arquitectura ou o da construción, o da comunicación ou o da informática. Tamén son sobre artesanía, oficios ou moda, financeiros ou arredor do medio ambiente, entre outros campos. 

Fases de Fixar

No marco do proxecto Fixar traballarase coa comunidade en tres fases. A primeira artéllase a través das estadías que xa comezaron, nas que os participantes afondarán no espírito e na filosofía do coliving rural, recibirán mentorización, construirán a súa rede e traballarán en impulsar os seus negocios. Deste xeito, búscase conxugar as oportunidades que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, coa tecnoloxía e cos beneficios do rural galego. 

En canto á segunda fase, nela proporcionaráselle apoio continuo a esta comunidade a través dun grupo especial en liña para axudalos en aspectos relacionados coa vida na aldea. A terceira fase consistirá en organizar xuntanzas presenciais cada mes, permitindo que os 60 participantes se encontren e fortalezan o sentido de comunidade. 

Comentarios