Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas

Envían hoxe a Xunta do PP e o BNG dúas notas de prensa nas que se apuntan o tanto de comezar os traballos para solucionar os problemas cos áridos no porto de Laxe. I é que foi o BNG quen presentou a Proposición non de lei presentada, que finalmente aprobada na Comisión de Pesca do Parlamento Galego, cos votos favorales do PP.

O BNG explica o resultado en Laxe

O que se achegaba onte por Laxe para manifestar a satisfacción polo acordo foi Bieito Lobeira. O deputado do BNG estivo acompañado de Diana Toja o candidato á alcaldía polo BNG laxense Xosé Manuel Pose. Lobeira destacou que se trata dun "día histórico" para Laxe. A Proposición non de Lei do BNG esixe que antes do mes de setembro deste ano comecen as obras que solucionen o problema de fondo do porto de Laxe. Unha vez que se conseguiu forzar ao PP a votar a favor, Bieito Lobeira xa adiantou que o BNG será garante do seu cumprimento, e que xa hoxe mesmo presentará unha nova iniciativa no Parlamento Galego para reclamar a comparecencia de Álvarez-Campana e pedirlle concreción nas datas dos distintos prazos que se teñen que dar (aprobación do proxecto, dotación orzamentaria, saída a concurso, comezo das obras…)

Nese sentido Portos xa traballa en dúas liñas: tanto no tocante ás condicións xeográficas e climatolóxicas que dificultan a posibilidade de abrigo das embarcacións, como no relativo ao basculamento da praia e movemento de area cara o interior da vila de Laxe.

Iso si, botan balóns foran e instan ao Departamento Estatal de Costas a que "abandone a pasividade que vén amosando respecto desta cuestión e se decida, por fín a dar unha solución global e definitiva á situación en colaboración coa administración autonómica". Do mesmo xeito, insta "ao alcalde a que dirixa as súas reivindicacións cara a administración axeitada e competente: a Estatal, en lugar de reclamar novos parches -o traslado da area- para erradicar un conflicto que afecta en boa medida a terreos e dotacións municipais, cuxo mantemento compete á Administración local".

Movemento da area

Un dos acordos acadados, fai que o Parlamento de Galicia inste ao Departamento Estatal de Sostibilidade da Costa, como administración competente, a implicarse na problemática polo basculamento da praia e movemento de area cara o interior da vila.

Reforzar o abrigo

De feito, Portos de Galicia está xa a realizar un estudo cunha serie de sensores para analizar con precisión cales son as condicións da zona portuaria e ofrecer solucións que reforcen o abrigo e operatividade destas instalacións.

Novas relaconadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia e o BNG de Laxe.