Portos inaugura unha nova pasarela no porto pero non soluciona os problemas coa area

09:37 28/02/11

O BNG laxense quere tratar o problema
E precisamente nesa liña quere manter o BNG laxense unha reunión co presidente de Portos de Galicia. Unha reunión na que se intente atallar definitivamente o proxecto, cambiando os "cruces de declaracións e visitas para botar balóns fóra" por "propostas serias de actuación e compromisos reais". Deste xeito, o BNG quere manifestar a súa "disconformidade pola forma na que se está a abordar este problema tanto por parte do PP como do PSOE, que se dedican día si e día tamén a cruzarse acusacións mutuas". Así, ademais da reunión solicitada con Portos, ao propio tempo, nos vindeiros días farán unha petición semellante diante do departamento competente do goberno central.Novas relacionadas
- O temporal chegou ao colexio de Laxe.
- A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Notas de prensa de portos de Galicia e do BNG de Laxe.
- Foto antoga de Gloria Gil Varela para o Grupo de Facebook de Laxe.