Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nova ampliación do porto de Laxe

Nova ampliación do porto de Laxe

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou a pasadaa tarde en Laxe o estudo de ampliación de espazos elaborado polo seu departamento para a zona. Esta proposta pasa pola ampliación da plataforma do porto, con obxecto de mellorar o espazo destinado a usos xerais e permitir a implantación dunha pequena edificación para a náutica recreativa.
Con todo, semella que a ampliación non solucionará o problema cos áridos.

A proposta presentada por Álvarez-Campana deberá completarse cun estudo xeotécnico en profundidade, e concretarase nun proxecto que poderá estar finalizado despois do verán.

Obras

A ampliación realízase no inicio da dársena do porto, cunha lonxitude de 131 metros e unha anchura de 43,5 metros, constando de zona de varada de embarcacións e foso para travellift, cunha superficie de 1.140 metros cadrados. Inclúe ademais a creación dunha zona de aparcadoiro, con 66 prazas e outra de edificación, con 360 metros cadrados. A superficie total de actuación supera os 5.000 metros cadrados.

En base a esta avaliación técnica inicial, a ampliación da plataforma proxéctase mediante lousa armada en voladizo, pilotada. Baixo a plataforma colocarase escollera de fondo para amortiguar a ondaxe. Esta resulta en principio a solución máis axeitada, dada a problemática que orixina a onda longa no porto, así como a axitación por mar de fondo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.

Comentarios