Dous pescadores falecen na praia de Soesto tras un accidente na súa gamela

Malas novas dende o mar de Laxe. Esta mañá foi atopado o corpo dun home falecido a area da Praia de Soesto, en Laxe, e outro o facía flotando na auga. Segundo indicaron os axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o varón atopado na area, vírono pescando esta mañá nunha chalana, na que, segundo o persoal da Confraría de Laxe, ían dúas persoas, polo que parece que a segunda persoa á localizada na auga.

A chamada de alerta dun particular ao atopar o corpo no areal chegaba ao 112 ás 11:30 horas, e de inmediato pasouse o aviso a Urxencias Médicas, a Salvamento Marítimo, a Garda Civil e aos efectivos do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Laxe.
Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero para o rescate do infortunado, aínda que, non chegou a intervir ao ser recuperado polo persoal da Confraría. O Servizo de Gardacostas de Galicia tamén foi informado do suceso.

Trátase de dous pescadores da zona, un pai duns 55 anos e un fillastro de 34, que arrincaban esta mañá dende o porto de Laxe a unha zona onde andaban ao polbo na súa chalana "Alba". Pero está o mar moi forte pola zona, marcando cifras de 28 nudos, polo que puido ser un golpe de mar o que levou a gamela, e as súas vidas, por diante.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).