O Enterro do Caietano despediu o Entroido
18 de febreiro de 2024 (10:34 h.)
Non é a Mikaela pero a verdade que é un Enterro do máis orixinal. Creado hai apenas 15 anos pola imaxinación de Xabier García (non estaría mal un recoñecemento nesta festividade por parte municipal) o Caietano xa é unha das figuras míticas dos Enterros de Bergantiños, como os malpicáns Farruco e o Faustino.
O Caietano, o borrachín do pobo, conseguiu chegar á alcaldía a pasada semana pero pouco lle duraba o trono. Onte falecía e Kaxe vivía o seu enterramento.
A xornada comezou cunha misa cómica, á que continuou o desfile e o tradicional enterro do meco, con vistosa incineración na praia.
Ademais, ao remate houbo unha festa infantil na que non faltou a música, a animación e a troula.
AS CRÓNICAS DO CAIETANO
- 2019: O alzamento e a caída do Caietano de Laxe
- 2015: O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe
- 2011: A historia do Caietano.