Venres. 19.04.2024
El tiempo

ENTROIDO

O alzamento e a caída do Caietano de Laxe

O alzamento e a caída do Caietano de Laxe

A do Caietano é unha das historias máis singulares do Entroido da Costa da Morte. Laxe desvívese nesta curioso Enterro, que ten máis de 10 anos, no que eleva ao “borrachín do pueblo” e o despide en apenas unha semana.

Foi o pasado domingo 3 cando se alzaba alcalde da vila, e saía polo balcón municipal a saudar á veciñanza. Pero este pasado sábado o seu corpo sen era atopado “en estranas circunstancias”, en plena rúa, a altas horas da madrugada, tras caer despois da investidura. As primeiras sospeitas sinalaban que puido ser un marido celoso, pero despois dunha ardua investigación de Marcial e Manolo a “utosia” deixou patente que faleceu polas desproporcionadas inxestas de rosquillas, filloas, fuciño de porto e esteroides… De feito, a arma branca coa que pensaron que os supostos asasinos ameazaran ao Caietano tiña restos de patacas, polo que non ten relación co seu pasamento.

Con esta sorna a veciñanza de Laxe lanzouse á rúa para despedir, este domingo ao Caiteano. “As súas viúvas e viuvos de dereito e vicio, fillos putativos, bastardos, compañeiros/as de troula, sobriños, curmáns e demais familia de ben e de mal”, acompañárono na comitiva fúnebre que tivo lugar nas rúas de Laxe. Acompañados da música tenebrosa da Batukada dos Trikitrakes, a comitiva, comandada polo mesmísimo Papa, trasladouse ata o areal de laxe, para proceder á misa e á “queima controlada”.

Toda unha demostración de retranca a vivida en Laxe co Caietano!

Investidura do Caietano de Laxe-Foto-Jose Maria Sanchez
Investidura do alcalde Caietano a semana pasada-Foto-Jose Maria Suárez

Caietano recibiu ao Titanic-Foto-Jose Maria Sanchez
O Caietano tivo tempo durante a semana para recibir a comitiva do Titanic

Enterro do Caietano de Laxe-Foto-Vitor de Mira 2Enterro do Caietano de Laxe-Foto-Vitor de Mira 3Enterro do Caietano de Laxe-Foto-Vitor de Mira 5
Funeral e queima controlada do Caietano de Laxe-Fotos-Vítor de Mira

Comentarios