Mércores. 26.02.2020
El tiempo

O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe

O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe
O Caietano e a pelexa no mar protagonistas do Entroido de Laxe

Moito nos presta a historia de Caietano. E mira que non falamos dun entroido tremendamente antigo, pero dende que aló polo 2009 o pobo laxense recuperou a figura do Caietano, sempre queremos ver como vai a cousa.

Foi o domingo o día no que Laxe nomeou alcalde a todo un Caietano, o mítico bravo da vila, home de barra, que prometía e prometía, pero que caía en desgraza apenas no mesmo día da súa investidura. O tempo non axudou pero a participación das asociacións da vila na organización garantiu que a Praza Ramón Juerga estivera chea, un ano máis.

Pero este ano houbo, ademais do toque humorístico, un toque reivindicativo. Son varias as cousas pendentes por Laxe, sendo o asunto do peirao os áridos, o máis sangrante. De feito, os barcos tomaron a vila facendo mención ao dragado do porto de Laxe de forma indirecta, tal e como aparecía nalgúns carteis.

Non faltaron os do Tren da Unha poñendo o ritmo á troula, e a festa rematou coa queima do Caietano no areal laxense, despois do funeral, coa sempre fantástica comitiva fúnebre, na Praza.

O Caietano polo Entroido de Laxe O mar moi presente no entroido de Laxe Policia e Obispo no Enterro do Caietano

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos por cortesía do departamento de turismo do Concello de Laxe.

comentarios