Esixen o cumplimento da Lei de Memoria Histórica en varias placas de Laxe
20 de xullo de 2021 (02:10 h.)
O recén constituído Círculo de Podemos Laxe vén de notificar á Secretaría de Estado de Memoria Democrática a existencia de varias placas, como esta situada na Igrexa de San Mamede de Sarces, na parroquia de Soesto, de clara apoloxía da dictadura. Placas que contraveñen á Lei de Memoria Democrática xusto cando se vén de cumplir o 85 aniversario do Golpe de Estado militar.
O grupo asegura que vai denunciar outras como esta de homenaxe a Primo de Rivera en Serantes.