Antía Muíño toca en Zas e Laxe: "Fai ilusión ir a amosar o teu traballo a sitios onde sempre vas de lecer"
Falamos con ela en 2023, pero a verdade é que pasaron moitas cousas pola súa vida dende aquela. Comezaba petándoo no spoty, e agora é unha das principais voces do novo tradi galego. Non é estrano velo compartindo escenario con Baiuca, con Mondra ou con algunha outra das bandas que están cambiando a historia da música galega tradicional. Pero Antía Muíño é moito máis, como ben se autodefine no seu segundo disco, "Anfibia", e o seu universo musical trascende a nosa xeografía.
Esta semana está de actualidade costeira. Esta noite de venres actúa co Baiuca na mesma Carballeira de Velar á que tantas veces acodeu de público. E este vindeiro xoves 13 de agosto poderemos vela, no marco do ciclo Concertos do Nordés, de MasGalicia, na Praza dos Voluntarios de Laxe. A súa cita sérá ás 21:30h, e despois será Budiño (ás 22:45h) o que complete a noite galaica cunha cita no marco dos Concertos do Xacobeo.

Pero coñecemos un pouco máis á nosa compostelá/baiesa.
- QPC: Moi boas Antía. Un pracer terte de novo pola Costa. Supoño que ao longo do verán, entre concerto e concerto, te perderás por algunha praia da nosa comarca, non?
Pois si, a verdade aproveitou os días de descanso, entre semana, para deixarme caer por aí, que as fins de semana estamos bastante liadas.
- QPC: Porque sempre contas que, malia nacer e criarte principamente en Compostela, Cee e, sobre todo Baio, son parte esencial das túas raíces. Cóntanos de novo como te inflúe a nosa comarca a nivel emocional, e tamén a nivel musical.
Si, sempre vou, cando podo, fago visitiña á familia, vou á praia, ou fago algunha rutiña, que son moito de ir camiñar. E canto ás praias, non son moito de innovar, levo moito tempo a Traba, ou a Arou, por exemplo. Pero como che digo aproveito case máis para ir facer unha ruta, polo incrible Camiño dos Faros, do que aínda me queda algunha ruta por facer. Tamén me gusta moito a Ruta da Auga de Zas. A ruta sorprendeume bastante. As fervenzas son impresionantes. Mira que leva aí toda a vida e non as coñecía, pero sempre hai sitios novos que descubrir por aquí.
- QPC: Lembro as primeiras veces que che escoitei, que a túa música me falaba moito en clave de bossanova, e canción de autor de sudamérica, pero tamén tiña un certo sabor ao jazz de Nueva Orleans. E parece que pouco a pouco vas volvendo a túa terra, non?
As raíces e a terra estiveron sempre dende o principio. pero quizais os primeiros temas algún arranxo bebía da bosanova ou do jazz, pola miña maneira de arreglar coa guitarra. Pero xa dende o primeiro concerto inspireime moito na musica tradicional, nas coplas…
En realidade esa maneira de entender a música moi ampla creo que a manteño no tempo. Ao acompañarme da guitarra ábrese o abano. Por iso hai reiminiscencias á cancioón de autor, máis clásica, tamén do folclore americano… Eu sempre estou aberta a escoitar moitas múcias, loxicamente iso se reflite no que fago, pero sae de xeito natural.
- QPC: Que escoitabas, por exemplo, na preadolescencia, cando se nos vai facendo o oído?
Pois de todo, imaxínate… dende o pop comercial que saía nas radios ou reggaeton, ata canción de autor como Víctor Jara ou Silvio, pero tamén Amaral, La Oreja de Van Gogh, Pink ata Floid, Extremo Duro.. ou mesmo Múisicas clásica, que aí xa empezaba a estudiar aí… Despois xa fun entrando na bossanova tamén… Sempre fun unha nena moi aberta a escoitar o todo que me que emocionaba.
- QPC: E houbo algunha persoa importante nesa viaxe musical?
Miña nai e meu pai sempre me apoiaron. Si que é certo que na casa sempre soou moita música, e xa viron que dende nena eu xa cantaba todo o que saía pola radio. Lembro que cando eu era pequena e cantaba cancións de Disney, e como non estaba internet no mobil, e miña nai me transcribía as letras nunha libreta para que as puidera cantar. Tamén facían por comprarme o cd da canción de turno que me gustaba…
Viron que dende pequena tiña algo especial coa música. Sempre alentaron moito de meterme en clase de guitarra, canto, pandeireta, baile galego (no Milladoiro onde tiña a casa familiar). É certo que tiraba máis pola pandeirete e por cantar que polo baile…
- QPC: Xa vindo á actualidade despois do éxito de “Carta Aberta” (o single ten máis de 1,5M de reproducións no Spoty!), sacaches antes do verán o teu segundo álbum, “Anfibia”. Que tal está funcionando?
Xa se presentou en febreiro, e estamos xirando un montón. Dende as primeiras presentacións en teatro por aquí, puido saír por salas por España adiante, e tamén por Galicia. Por agora estamos levándoo a moitos lugares. Ter a oportunidade de tocar en directo é o máis importante. Máis alá da gravación, o máis importante é tocar diante da xente.
- QPC:Supoñemos que un dos puntos de inflexión da túa carreira foi gañar, hai apenas un par de meses, o Premio Martín Códax á Mellor Canción de Autora. Que significou para ti?
Para min o premio foi unha alegría, porque son os premios da música de Galicia, da música galega, sempre que che recoñezan os propios músicos, que son os que o elixen, está moi ben. No meu caso é un traballo relativamente curto, pero intenso. Dende 2020 xa nos escenarios, e dende 2022 co primeiro álbum na rúa. O camiño vai pouco a pouco pero creo que estou afianzando nesta industria. Entón sentan moi ben estes recoñecementos.
- QPC: A día de hoxe, es unha das musas da nova revolución do tradi galego. A verdade é que impresiona ver a túa garra sobre o escenario acompañando a Mondra ou Baiuca. Como te sintes no escenario nesta vertente máis electrónica e tradicional?
Si, con Baiuca levo xa 3-4 anos xirando con eles, estes dous últimos anos dun xeito máis regular. Pero si, é moi guai porque é moi diferente do que fago. Para min é outra perspectiva do oficio, do traballo, na que tamén o paso moi ben. Cantar con elas, coas Montero, e estar no escenario o paso super ben.
- QPC: Pero cambiar esa intimidade dos teus concertos á enerxía deber ser complicado?
Permíteme explorar a miña faceta máis enérxica. Certo que no meu show hai partes íntimas, pero tamén algunhas máis enérxicas. Pero non é o mesmo estilo de música. Con Baiuca estou como máis relaxada, estou cantando sen guitarra, e teño máis liberdade para moverme no escenario, e no meu espectáculo a enerxía é distinta. Sempre o disfruto todo a verdade, cando estou arriba no escenario, sexa da maneira que sexa. En Baiuca vexo ao público saltando e bailando, e con meu están máis atentos. É diferente, e moi bonito das dúas maneiras.
- QPC: Dende fóra parece unha auténtica revolución a que iniciaron as Tanxugueiras, pero que continúan os Mondra, Fillas de Cassandra, De Ninghures, Lontreira, Unto Vello… É tan auténtica como parece a familia do novo tradi galego?
Levámonos ben, pero con moitos máis músicas e músicos que non só se adscriben a este estilo. De feito, é certo que non me sinto só parte desa familia do tradi, ou dun xénero concreto, porque teño a sorte de tocar con outras formas de traballar, e de estilos. Teño contacto con xente do jazz, con circuitos menos mainstream, con escenas diferentes… e estar aí en diferentes grupos é algo que me gusta.
- QPC: Este venres en Zas e o xoves 13 en Laxe. Vaia semana tocando na Costa, non?
Pois si. Hoxe toco con Baiuca na casa. Levo indo de público moitos anos á Festa da Carballeira pero esta é a primeira vez. É unha ilusión. O ambiente é moi sano. Aínda conserva a esenc ia familiar, de proximidade, de comunidade…
E tamén teño moitas gañas de tocar en Laxe, que é a primeira vez, e é moi especial para min, porque eu teño ido moitas veces, e seguirei indo, claro. Laxe é praza coñecida. Fai ilusión ir a amosar o teu traballo a sitios onde sempre vas de lecer.
- QPC: Por onde máis te veremos este verán, entón?
Xa estivemos en Carballo a semana pasada, e despois iremos por Nasvia de Suarna, ao Castelo Conta, e xa en setembro tamén temos algunhas datas chulas aínda por anunciar.

