Investigan un home que levou bolsas enteiras da Praia dos Cristais
08 de abril de 2023 (09:32 h.)
Unha veciña sorprendía o pasado mércores pola mañá a un home na praia dos Cristais de Laxe, enchendo varias bolsas de cristais. Unha práctica absolutamente prohibida. A veciña subía o video ás redes e pouco despois a Policía Local se achegaba pola zona. Xa non estaba pero está investigando en recoñecer a persoa ou se se pode localizar o vehículo.