Laxe convoca a XV edición do Certame de Poesía Antón Zapata

O Departamento de Cultural do Concello de Laxe continúa promovendo e difundindo a vertente cultural poética e especialmente, a figura do poeta local Antón Zapata García. Faino coa publicación do XV Certame de Poesía Antón Zapata.

O premio será un lote de materiais vinculados á lectura por valor de 100€.

Coma sempre A decisión do xurado farase pública o sábado 28 de agosto durante a celebración do XV Solpor Poético na contorna da Igrexa de Sta. María da Atalaia a partir das 20.30 horas.

Pode participar todo o mundo, cun mñaximo de dous poemas por categoría (Infantil ata 11 anos, Xuvenil ata os 25 e adulta a partir de 26), enviando os poemas asinados cun pseudónimo, antes do 18 de agosto, a través da sede electrónica municipal, presencialmente ou por correo ordinario avisando por email igualmente a cultura@concellodelaxe.com.

Poden consultar as bases na web municipal.

Novas relacionadas

Artigos relacionados