Laxe convoca a XV edición do Certame de Poesía Antón Zapata
09:49 20/07/21
O Departamento de Cultural do Concello de Laxe continúa promovendo e difundindo a vertente cultural poética e especialmente, a figura do poeta local Antón Zapata García. Faino coa publicación do XV Certame de Poesía Antón Zapata.
O premio será un lote de materiais vinculados á lectura por valor de 100€.
Coma sempre A decisión do xurado farase pública o sábado 28 de agosto durante a celebración do XV Solpor Poético na contorna da Igrexa de Sta. María da Atalaia a partir das 20.30 horas.
Pode participar todo o mundo, cun mñaximo de dous poemas por categoría (Infantil ata 11 anos, Xuvenil ata os 25 e adulta a partir de 26), enviando os poemas asinados cun pseudónimo, antes do 18 de agosto, a través da sede electrónica municipal, presencialmente ou por correo ordinario avisando por email igualmente a [email protected].
Poden consultar as bases na web municipal.
Novas relacionadas
- Maio 21: O Consello da Cultura Galega xa conta no seu arquivo dixital coa biografía de Antón Zapata.
Artigos relacionados
- Miro Villar (2021): O poeta laxés Antón Zapata García «prófugo» da xustiza española.
- Miro Villar (2021): Os poemas a Castelao do laxés Antón Zapata García e do muxián Xervasio Paz Lestón.
- Miro Villar (2019): Documentos para lembrarmos o 133 natalicio do poeta laxés Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Miro Villar (2017): Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- Miro Villar (2017): Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.