As meigas toman o bosque de Laxe por San Xoán

Así é a intervención artística anónima estes días no Bosque da Insua de Laxe

Sen cachelas en espazos públicos, pero coas 7 herbas de San Xoán preparadas, afrontamos unha, outra, noite máxica pero diferente. E as meigas queren recuperar o seu protagonismo, como comproban estes días moitas veciñas da zona de Laxe, que descubriron que están tomando o bosque da Insua, o bosque que vai de camiño ao Faro.

Trátase dunha intervención artística, polo que sabemos ata agora, anónima, que non pasa dende logo desapercibida.

Só o Concello de Carballo preparou un pequeno programa cultural para esta semana, polo que nos tocará celebrar o San Xoán en familia, ou con amigos, intentando saborear algunha sardiña realizada na nosa propia grella. 

En calquera caso, estas meigas nos desexan un Feliz San Xoán!