Venres. 19.04.2024
El tiempo

O San Xoán deixa unha semana de festas polos barrios carballeses

Concertos de San Xoan Carballo 2021
O San Xoán deixa unha semana de festas polos barrios carballeses

Non haberá San Xoán como tal, pero Carballo non o deixa pasar así como así. Así que, no marco da campaña “A Festa levámola dentro”, o Concello prepara unha semana de actos descentralizados polos barrios, coas bandas locais como aposta.

Unha campaña compaxinable coa Máis de Carballo que o pan, que pretende dinamizar a vila durante estas datas para favorecer dos sectores da hostalaría e o comercio, xa que participan 114 establecementos. Así, na primeira mañá xa se repartiron no Museo de Bergantiños 70 kits compostos por unha bolsa de tea, unha chapa e un imán, que se reservan para os tiquets de compra iguais ou superiores a 30 euros, e varios establecementos esgotaron as postais en menos de 48 horas.

Axenda

O martes 22 de xuño, o día do pregón, haberá ás 20:30 horas no Mercado Municipal, co pregón de autoridades e o concerto de San Xoán Banda de Música Municipal.

O xoves 24, apartir das 20:00 horas, primeiro dos Concertos “A Festa Levámola Dentro,” que terán como escenario as pistas deportivas do Chorís. Nesta primeira sesión participarán os grupos carballeses Chicharrón, Tu futura ex-mujer e Lowcos.

E o venres 25, segunda tarde-noite de concertos con Quercus Blues e Elvis Negro.

Flores e cachelas

O Concello convoca a segunda edición do concurso en redes sociais “Flores de San Xoán”. Para participar, envíanos unha foto da túa porta, ventá ou balcón decorados con flores e plantas tradicionais de San Xoán a [email protected] e encheremos as redes de cor! E

Comentarios