O laxense Juan Antonio Posse: un crego liberal e vangardista

A actualidade do discurso do seu discurso fai que unha das entidades máis comprometidas co patrimonio histórico da Costa da Morte artellara esta pasada fin de semana unhas Xornadas Culturais específicas. O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte SEMESCOM organizada II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse (1766-1854), co gallo do Bicentenario da Constitución de 1812 e do seu discurso favorable naqueles tempos convulsos, que de feito lle valeron unha dura persecución do rei Felipe VII. As charlas e as visitas guiadas foron as protagonistas.

Doble sesión de charlas

Numerosos especialistas en materia histórica pasaron polo estrado da Casa da Cultura de Vimianzo, deixando notar que as súas ideas serían aínda a día de hoxe modernas. Unhas conferencias moi traballadas, que dan conta da incidencia da entidade en toda Galicia. Posse, natural de Laxe, xa era un visionario na súa época e a súa postura máis que liberal foi unha excepción no clero absolutista de entón.

Foi o propio presidente da entidade Xosé María Lema Suárez, colaborador de QPC, o que abríu as xornadas dando conta da súa contemporaneidade. Lema Suárez lembrou o descubrimento hai apenas 20 anos dun escrito no que o crego criticaba que se lle daba demasiada man aos monarcas.

A mestra da USC Alba Nogueira López analizou pormenorizamente a posicion de Posse sobre a Constitución aprobada nas Cortes de Cádiz. E Ana Mª Romero Masiá pechou a xornada do venres repasando esa visión galeguista e ata vangardista, do laxense. Romero sinalou que pode ser considerado como un "prerrexionalista", loitando por unha Galicia que vivía "esclava" dos poderes fácticos de entón, como eran o clero, a nobleza e a monarquía.

Foi outro colaborador de QPC, Víctor Castiñeira, o que abriu a xornada sabatina meténdonos en circunstancias, falando de como era a vida cotiá naqueles tempos. Castiñeira levou aos asistentes por un viaxe de cambios dende o feudalismo á nova revolución francesa, que chegaba, tardía, ao rural galego.

A súa intervención deixou paso a Xosé Mª Méndez Doménech, que falou da relación familiar dos Doménech con Cataluña e a pesca. E foi Ramón Mariño Paz, o que contemporizou a obra de Pose no contexto sociolingüístico da época, destacando que era galegofalante ata marchar a León.

Visitas guiadas

As Xornadas remataron a tarde do sábado con varias visitas guiadas polo propio Lema Suárez. Ademais da casa natal de Posse, a Casa de Mariana, en Soesto, ademais da pequena igrexa da vila, onde se baituzou e creceu.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte