Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A SEMESCOM lembra ao crego liberal Juan Antonio Posse no Bicententario das Cortes de Cádiz

A SEMESCOM lembra ao crego liberal Juan Antonio Posse no Bicententario das Cortes de Cádiz
Discurso do crego libreal Juan Antonio Posse sobre a Constitución de Cádiz

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá as II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse, co gallo do Bicentenario do seu Discurso a prol da Constitución de 1812. Unhas xornadas artelladas polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, SEMESCOM.
Xa comprobamos, da man do presidente da entidade, Xosé María Lema Suárez, as dúas posturas contrapostas do propio Posse e outro crego, o carballés, José Mª Suárez Rioboo. Con estas xornadas poderemos saber moito máis do asunto.

Serán dous días (venres 23 e sábado 24 de novembro) completos de charlas e conferencias cos meirandes especialistas de toda Galicia. Entre eles, algúns coñecidos de sobra na bisbarra, e colaboradores desta casa como o propio Lema Suárez ou Víctor Castiñeira. Ademais, as xornadas rematarán cunha interesante saída aos lugares que Posse máis frecuentaba na bisbarra.

Programa das II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse

Programa das II XOrnadas do Bicentenario das Cortes de Cadiz

Venres 23 de novembro

Pequeno resumo histórico das Xornadas sobre Posse
  • 16:30h.: Recepción e entrega da documentación. Inauguración e Conferencia inaugural: "A figura senlleira de don Juan Antonio Posse. Actualización dos estudos sobre a súa vida e obra". Da man do propio Xosé Mª Lema Suárez / Presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Catedrático de Xeografía e Historia de .E.S..
  • 18:00h: "A Constitución de 1812 e o Discurso de J. A. Posse na súa defensa". Por Alba Nogueira López, Profesora Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • 19:00h: "Avances e retrocesos do liberalismo galego a través do exemplo coruñés (1808-1837)". Por Ana Mª Romero Masiá / Catedrática de Xeografía e Historia de E.S.
  • 20:00h: Foro aberto.

Sábado 24 de novembro

  • 10:00h: "A vida cotiá na Costa da Morte na época de J. A. Posse". Por Víctor Manuel Castiñeira Castro / Ldo. en Historia e técnico de cultura do Concello de Cee.
  • 11:00h: "Os Doménech de Laxe, familia de orixe catalá de fomentadores da pesca. A súa relación co crego Posse". Por Xosé Mª Méndez Doménech / Investigador da fidalguía e da burguesía soneirá.
  • 12:30h: "A vida e a obra do crego Posse no contexto sociolingüístico da Galicia do seu tempo". Por Ramón Mariño Paz / Catedrático de Filoloxía Galega da USC.
  • 13:30h: Foro aberto.
  • 14:00h Clausura das conferencias.
  • 16:30h: Os lugares de Posse na comarca: visita guiada a Soesto e Laxe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios