Os maiores de Laxe fan de guía polas súas parroquias para axilizar a memoria

Ben coidados están os maiores de Laxe. Son un total de 25 os que participan nas clases do Curso de entrenamento da memoria organizado pola Concellería de Cultura , Benestar Social e Protección Civil do Concello de Laxe e dirixido por Mariló Porteiro.
Como en anos anteriores realizase en Laxe e Soesto, e este curso realizase con alta participación tamén en Traba. Durante unha hora e media semanal, personas de entre 60 a 90 años acuden ás aulas para poñer a proba a súa mente, e reforzar a súa memoria.

E este xoves 19 de maio realizaron unha actividade conxunta dos tres grupos cunha visita a Soesto, Traba e Laxe guiada polas propias persoas do lugar. Disfrutaron así dunha gran xornada visitando a súa terra. Foron autenticos guías por un día, e o bo tempo axudoulles a disfrutalo. Aínda que se fixo curto o recorrido polas diferentes parroquias, valeulles para entrenar a sua memoria e todos continuarán o proximo curso. Pois hoxe rematou con esta actividade lúdica o programa de Memoria en Familia.

O principal obxetivo do curso e desta actividade, é ofrecer ás personas con tempo libre un punto de encontro para relacionarse xa que esto axuda a exercitar a memoria e a non perder a vitalidade. Os alumnos, na súa maioría mulleres, tamén aproveitan para facer amistades e fomentar a súa autoestima ensinando a súa propia terra.

  • Sábado de lecturas animadas e recordos da Casa do Cura na Fundación Eduardo Pondal.
  • Laxe abre o Centro Social.
  • Fonte

    • Nota de prensa do Concello de Laxe da man de Dolores Porteiro.