Laxe abre o Centro Social

08:47 01/04/11

Dende o Concello de Laxe quere lembrarnos do horario de apertura e actividade provisional que terá o novo local social para as persoas maiores, que se abriu á poboación por primeira vez o pasado domingo 27 de marzo.
Durante este mes de abril, e mentres que a súa xestión de apertura e dinamización da sociocultural deste local non sexa asumida pola propia poboación destinataria - o colectivo da terceira idade-, o Concello de Laxe facilitará a súa apertura durante os vindeiros sábados e domingos de 17 a 20 horas.
Alí, todas as persoas que acudan, poderán atopar diversidade de actividades. Entre elas, cabe destacar:
- Sesións libres de xogos de mesa tradicionais (parchís, xadrez, damas, dominó, barallas de cartas, dados, etc)
- Actividades de recuperación da memoria histórica do pobo de Laxe e arredores, mediante a visualización e identificación colaborativa de diferentes imaxes dixitalizadas do Fondo Fotográfico Municipal J. Vidal.
- Tempo de lecer variado: onde serán practicables diferentes actividades tales coma: bailes, sesións de cine... ademais de poder disfrutar de música ou televisión continua durante a estadía no centro.
Novas relacionadas
- A profesión de redeira ten futuro.
- O Concello de Laxe edita un dvd cos seus tesouros.
- Os estudiantes de Laxe fórmanse no uso das Novas Tecnoloxías:
Fonte
- Nota de prensa da man de Tamara Salvadores Villanueva, Animadora Sociocultural do Concello de Laxe.