Luns. 29.04.2024
El tiempo

Sábado de lecturas animadas e recordos da Casa do Cura na Fundación Eduardo Pondal

Sábado de lecturas animadas e recordos da Casa do Cura na Fundación Eduardo Pondal

A tarde do pasado sábado 16 de abril transcorreu na Fundación Eduardo Pondal con lecturas animadas e co recordo dos últimos habitantes da Casa do Cura.

Para a primeira actividade, ás catro e media da tarde, Esteban Rey e Alba Costa Pérez ofrecéronlle ós cativos asitentes toda a súa sabedoría na narración de contos e interpretación de cancións. Así, Esteban Rey realizou unha lectura dramatizada do libro O país dos mandóns á que lle proseguiu un coloquio final coas mensaxes sacaron da mesma. Por outra parte, Alba Costa Pérez cantou un dos temas recollidos no libro-disco de Pablo Díaz Carro, Tic-Tac, na que precisamente se falaba da historia dun libro que desexa ser lido.

Un pouco máis tarde, ás 17.30 h, Luís Giadás e Sofía González continuaron coa súa xeira de gravacións de memoria oral baixo o título de «Non des a esquecemento». O título desta recoll

Actividades vindeiras

Entre as actividades vindeiras, destacar que a de maior repercusión xeográfica será «Boandanza e saúde desde Ponteceso a todas as Casas-Museo de escritores do Estado español». Programouse para o sábado 23 de abril, ás 17.30 h. Nela realizarase lectura cívica de textos de escritores que contan con con Casas-Museo en España e que fixesen referencia a Galicia nos seus textos. En total, 40 lectores lerán e 40 textos que se agruparán na temática “Galicia presente na obra de escritores españoles”. Días despois, subiranse os vídeos deste recital cívico á conta de facebook de Monte Branco dos vídeos deste recital cívico. Tamén se manterá contacto por e-correo con todas esas Casas-Museos facéndoos partícipes dixitais desta actividade.

Por último, nas mañás dos domingos 10 e 17, proseguen os ensaios de «Das noites do prácido luar» con Lucho Penabade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FEP.
  • Comentarios