Panxoliñas e poesía para abrir o Nadal en Laxe

Completa fin de semana de actividade en Laxe a que inaugurará a programación de Nadal os vindeiros 15 e 16 de decembro. Dúas citas completas, con panxoliñas e poesía como protagonistas

IX Edición do Festival de Panxoliñas

A primeira delas, a do sábado 15 de decembro, será a Celebración da IX Edición do Festival de Panxoliñas, no que, coma de costume, participarán diferentes masas corais galegas. Nesta nova edición do festival, organizado colaborativamente entre o Concello de Laxe e a Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, contaremos coas Corais de: San Xoán de Xerres (Muros), a de San Eleuterio de Tella (Ponteceso) e coma peche, coa nosa Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe.

O acto está sendo programado para ser realizado coma en anteriores ediccóns na Igrexa de Santa María da Atalaia ás 19:30 horas.

Presentación de Versus

A segunda, terá lugar o domingo 16 de decembro no salón de actos municipal a partires das 20.00 horas. Durante algo máis de unha hora e media, terá lugar o acto de presentación dunha nova obra galega: a escolma selecta denominada “Versus”. Unha obra que recolle o máis selecto das obras de 5 poetas galegos, acompañados de ilustracións e prólogos de renome.

O acto, caracterizado coma de poético-musical, estará presentado por Óscar de Souto, poeta cabanés, e incluirá a recitación en directo dalgúns dos poemas que inclúe o libro por parte dos diferentes autores do mesmo: Antón Borrazás, Miguel Queipo, Hugo Álvarez e Manuel G. Pombo. O acto pecharase coa firma dalgúns dos exemplares que poderán adquirirse durante a presentación para todos aquelas persoas que así o queiran.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).